Adam Morrison: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎USA Basketball: Arranxos varios, replaced: de Xapón → do Xapón
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 38:
O pai de Adam Morrison é o ex adestrador de [[baloncesto]] John Morrison, e a súa familia tivo que estar a se mudar con el durante a súa carreira como técnico. Estivo en Casper College de Casper, [[Wyoming]], na Universidade Dakota Wesleyan en Mitchell, [[Dacota do Sur]] e en Dawson Community College en Glendive, [[Montana]]. Cando Adam estaba en cuarto grao, o seu pai deixou de adestrar e a familia mudouse a Spokane, [[Estado de Washington|Washington]]. En oitavo, Adam perdeu catorce quilos e nun dos campus de baloncesto de Gonzaga comezou a sentirse enfermo. En palabras súas, non podía facer nada. Morrison estaba no correcto, despois disto, diagnosticáronlle [[diabetes]] tipo 1. Morrison encaixou o seu diagnostico de maneira moi optimista e positiva, o cal lle axudou moito. A súa enfermidade non supuxo ningún tipo de impedimento no seu camiño por converterse nunha estrela no mundo do baloncesto, e xa empezaba a dar acenos diso no Instituto Mead, en Spokane.
 
Na súa tempada seniorsénior, bateu os records de anotación tanto nunha campaña como na historia total do instituto, liderándoos, ademais, á final estatal. A pesar de xogar a final con hipoglicemia foi capaz de anotar 37 puntos que non valeron para dar a vitoria ao seu equipo. Esa foi a única derrota de Mead na tempada. Desde o final da súa tempada juniorjúnior xa estaba apalabrado coa [[Gonzaga Bulldogs|Universidade de Gonzaga]].
 
==== Diabetes ====
Liña 46:
Morrison chegou á [[Gonzaga Bulldogs|Universidade de Gonzaga]] en [[2003]], aquela tempada ([[2003]]-[[2004|04]]) como "freshman" presentouse alentadora, 11.4 puntos por encontro facían caber moitas esperanzas ao redor deste xogador. Foi incluído no Mellor Quinteto Freshman da West Coast Conference. Como "sophomore" mellorou, como era previsible, as súas prestacións. Do quinteto freshman pasou ao quinteto da [[West Coast Conference|WCC]], ademais da honorable mención All-American. Todo isto, mercé aos seus 19 puntos, 5.5 rebotes e 2.8 asistencias por encontro cos que deleitou. Con todo, ao equipo faltáballe un hervor para chegar máis lonxe na [[NCAA]]. Caeron en 2ª rolda ante a [[Texas Tech Rede Raiders|Universidade de Texas Tech]].
 
O seu ano "juniorjúnior" foi a consagración dun aleiro que apuntaba moi alto. Empezou a [[2005]]-[[2006|06]] de maneira impresionante. Nos dous primeiros partidos de Gonzaga no Maui Invitational, un dos torneos universitarios máis prestixiosos que se disputa en pretemporada. En 1ª rolda, Morrison anotou 25 puntos fronte a [[Maryland Terrapins|Maryland]]. En semifinais fíxolles 43 puntos a [[Michigan State Spartans|Michigan State]]. Na final perderon 65-63 fronte a [[UConn Huskies|UConn]] e Adam levou o MVP. En liga regular fixo 13 partidos de 30 ou máis puntos, con 5 encontros por encima dos 40. O [[18 de febreiro]] Morrison callou o seu mellor partido en anotación, facendo 44 puntos a [[Loyola Marymount Lions]] con 37 na 2ª parte. Tivo unha media de 28,1 puntos (1º), 5.5 rebotes e 1.8 asistencias por partido. Pero o maior pau sufriuno no torneo [[NCAA]], onde caeron en semifinais no cadro de Oakland, despois de desperdiciar unha vantaxe de 17 puntos ante [[UCLA Bruins|UCLA]] nun encontro que pasará á historia da Universidade. Con 3:26 para o final, Gonzaga vencía de 9 puntos. Adam Morrison levou, xunto co seu amigo [[J.J. Redick]], o trofeo [[Óscar Robertson Trophy]] ao Xogador do Ano, ademais de levar outro galardón similar patrocinado por Chevrolet. Foi finalista do [[Naismith College Player of the Year|Premio Naismith]] e do [[Premio John R. Wooden]], ambos os conseguidos por J.J. Reddick. Era o momento de dar o salto á [[NBA]].
 
=== NBA ===
Liña 59:
 
== USA Basketball ==
Morrison acumula catro internacionalidades con equipos juniorjúnior da selección de baloncesto dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], mais aínda non debutou coa absoluta. Foi seleccionado para a preparación do [[Campionato mundial de baloncesto de 2006|Mundial do Xapón 2006]], pero foi un dos descartes do equipo.
 
== Curiosidades ==
Liña 67:
* Observa vídeos do seu ídolo [[Larry Bird]] para perfeccionar o seu xogo. Ten un poster na súa habitación que dicía "DETERMINATION".
* De ideal político [[comunismo|comunista]], o seu ídolo fora do deporte é o [[Che Guevara]]. Ten un poster na súa habitación que di "Hasta la victoria siempre". Tamén tiña outro de [[Karl Marx]].
* Normalmente come bistecbisté e patacas ao forno dúas horas antes de cada encontro.
* Gústanlle os [[videoxogos]], especialmente o "Halo 2". Foi portada do xogo de EA Sports ''NCAA Basketball 2007''.