Miss Ledyia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Miss Ledyia''' ou '''Miss Ledya''' é o primeiro filme de ficción galego que se coñece. Dirixiuno en [[Pontevedra]] [[José Gil y Gil]] en [[1916]] con guión de [[Rafael López de Haro]], e ten unha duración de 20 minutos. eA historia, moi influida polos entón moi de moda seriais cinematográficos de [[Louis Feuillade]], narra a chegada a Pontevedra de Miss Ledyia Katson e seu tío, millonario, dende os [[Estados Unidos]] e a súa estancia na [[Illa da Toxa]] onde coinciden cos reis de Suavia que se encontran de incógnito e que están ameazados pola chegada tamén dun anarquista que pretende realizar un atentado, unha clara referencia ao atentado de [[Saraxevo]] que desencadenou a [[Primeira Guerra Mundial]]. Como anécdota sinalar que [[Castelao]] participou como extra no filme, os actores, afeccionados, pertencían á burguesía pontevedresa.
Tan só se conserva unha copia do filme que estivo no [[Museo de Pontevedra]] ata 1996 cando llo cedeu á [[Filmoteca Española]]. Actualmente está no [[Centro Galego de Artes de Imaxe]] que restaurou a copia.