Historia do cinema de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8:
Durante os seguintes anos o cine exhibiuse en Galicia, como no resto de Europa, no marco de feiras e festas locais levados por operadores ambulantes e tan só existían na Coruña e Vigo locais máis ou menos estables de exhibición, pero o habitual era que se exhibirán en pavillóns ou barracóns provisorios de madeira cubertos de lonas. Desta época (1905) son as filmacións de [[José Pradera]], tamén na súa maioría de temática local coruñesa e seguindo o modelo iniciado por José Sellier.
 
Entre 1906 e 1908 van desaparecendo as barracas ambulantes das cidades e vilas galegas mentres se constrúen pabillóns concibidos para a exhibicións de proxeccións cinematográficas dentro dun programa xeral de variedades e dentro dos teatros. Comézanse a exhibir os primeiros filmes longos que precisaban dun comentarista. A maioría dos filmes procedían de Francia e desde o estreo de [[Quo Vadis?]], que foi un éxito en toda Europa, puxéronse de moda as películas colosais italianas, co comezo da guerra europea os filmes americanos gañan posicións debido aos problemas que trouxo a guerra ás cinematografías europeas. Ata a fin da [[Primeira Guerra Mundial]] uns poucos pioneiros galegos filman películas documentais, entre eles [[José Gil y Gil]], o autor do primeiro filme de ficción galego que se conserva, [[Miss LedyaLedyia]] datado en [[1916]] con guión de [[Rafael López de Haro]] e no cal participou [[Castelao]] como extra. A importancia da exhibición de filmes vese salientada polo aumento de salas nas cidades e no aumento da espazo dedicado na prensa ao cinema equiparándose cos estreos teatrais pero tamén no aumento das críticas en nome dos bos costumes. Ademais benefiase da crise do [[teatro]] a partir de 1920, o que propiciou que moitas salas teatrais programasen máis cinema ca teatro.
 
O cine sonoro chegou a Galicia en marzo de 1930, as salas tiveron que adaptar os seus equipos o que explica o retraso con respecto á primeira sesión sonora en España (setembro de 1929).