Traquea (artrópodos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
acento
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
<center>''Para o conduto do aparato respiratorio de vertebrados ver [[traquea]]. Para os vasos condutores do [[xilema]] das plantas ver [[traquea (xilema)]].''</center>
 
As '''traqueas''' son os órganos respiratorios aéreos dos [[artrópodo]]s terrestres ([[insecto]]s, [[arácnido]]s e [[miriápodo]]s) e dos [[onicóforo]]s. O conxunto de traqueas forma o '''sistema traqueal''' que é unha rede de tubos ocos que se abren na superficie do corpo por un poro (estigma) e se internan nos tecidos ramificándose; son progresivamente de menor diámetro conforme se internan no corpo (de 0,8&nbsp;mm a poucos [[micrómetro]]s) e de paredes cada vez máis delgadas. Levan o [[osíxeno]] directamente ás [[célula]]s, polo que na respiración traqueal o transporte de gases respiratorios é totalmente independente do aparato circulatorio, e, a diferenza dos [[vertebrados]], o fluído circulatorio ([[hemolinfa]]) non garda nin transporta o osíxeno, e crese que este é un dos factores que poden limitar o tamaño máximo dos artrópodos terrestres. Como as traqueas son invaxinacións do tegumento, están cubertas pola [[cutícula (artrópodos)|cutícula]], que se renova coa [[écdise|muda]] ([[écdise]]).
 
Ábrense ao exterior por uns poros chamados estigmas. Polos estigmas entra no sistema traqueal aire rico en osíxeno e sae aire rico en dióxido de carbono, resutltado da respiración celular nos tecidos. Os gases poden moverse polo aparato respiratorio por medio dun sistema pasivo (difusión) ou activo (ventilación), como ocorre en insectos como os [[saltón]]s ou as [[abella]]s, que bombean activamente o aire a sacos situados no seu [[abdome (artrópodos)|abdome]] e poden controlar o fluxo a través do corpo.