Principado de Salerno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 5:
O ano [[839]] morre o [[príncipe de Benevento]] [[Sicardo de Benevento|Sicardo]]. O xefe do exército [[Radelchis I de Benevento|Radelquis]] (Radelchis) apoderouse do poder e proclamouse ao seu lugar. O irmán e herdeiro de Sicardo, [[Siconulfo de Salerno|Siconulfo]], foi encarcerado en [[Tarento]], pero foi rescatado por barcos de Amalfi e levado a Salerno, onde foi proclamado príncipe. Inmediatamente iniciouse unha guerra civil que había durar dez anos. Coa intervención do [[emperador de Occidente]] [[Luís II o Mozo]] (847) decidiuse a partición do principado en dous con sedes en [[Benevento]] e [[Salerno]] respectivamente. O [[849]] o rei de Italia fixo oficial a división.
 
O recente nado principado de Salerno tiña como principais cidades [[Salerno]], [[Tarento]], [[Cassano]], [[Cosenza]], [[Paestum]], Conza, Sarno, Cimitile ([[Nola]]), [[Capua]], [[Teano]] e [[Sora]]. A súa situación xunto ao [[mar Adriático]] e os seus numerosos portos converteron o principado nun poderoso territorio marítimo. Os primeiros anos do principado serían convulsos ata a chegada ao poder de [[Guaifero de Salerno|Guaifero]], que nun reinado de 19 anos, estabilizou o país. En pouco tempo o principado de Salerno superou o de [[Benevento]]. Durante este período produciuse unha nova división territorial. [[Principado de Capua|Capua]] fíxose independente creando o seu propio principado. Tecnicamente Salerno era vasalo do [[Francia occidental|Imperio Occidental]], pero na práctica era un territorio independente, chegando mesmo a acordos cos [[sarracenos]]. Guaifero foi deposto polo seu fillo [[Guaimaro I de Salerno|Guaimaro I]]. Este rompeu as alianzas cos sarracenos e acercousse ao emperador occidental [[Carlos o Calvo]] primeiro, e co emperador [[Imperio Bizantino|bizantino]] [[Basilio I]] despois (887), chegando a recibir deste devandito o título de [[patricio]].
 
O seguinte gobernante, [[Guaimaro II de Salerno|Guaimaro II]], levou o principado de Salerno a uns momentos álxidos. Tomou parte na [[batalla de Garigliano]] contra os musulmás o [[915]]. O fillo de Guaimaro, [[Xisulfo I de Salerno|Xisulfo I]], tivo que superar un intento de invasión de [[Xoán III de Nápoles]] e [[Landulfo II de Benevento]]. Posteriormente saíu en defensa de Pandulfo Testa de Ferro, que era príncipe de Capua e Benevento. Ao morrer sen descendentes decidiu entregar o principado a Landulfo. Entre [[978]] e [[983]] Salerno estivo gobernado por príncipes foráneos das casas de Capua e Amalfi. Este último ano subiu ao poder [[Xoán I de Salerno|Xoán]], da casa de Spoleto. Con el e os seus sucesores o principado viviu un último período de esplendor. O seu fillo [[Guaimaro III de Salerno|Guaimaro III]] tivo que facer fronte aos ataques sarracenos, pero fíxoo coa axuda de mercenarios [[normandos]]. Baixo o seu reinado floreceu a [[Schola Medica Salernitana]].