Diferenzas entre revisións de «Principado de Salerno»

(Nova páxina: O '''Principado de Salerno''' foi un principado longobardo do sur da península itálica nado o ano 851. == Historia == O ano 839 morre o príncipe de Benevento [...)
 
== Historia ==
 
O ano [[839]] morre o [[príncipe de Benevento]] [[Sicardo de Benevento|Sicardo]]. O xefe do exército [[Radelchis I de Benevento|Radelquis]] (Radelchis) apoderouse do poder e proclamouse ao seu lugar. O irmán e herdeiro de Sicardo, [[Siconulfo de Salerno|Siconulfo]], foi encarcerado en [[Tarento]], pero foi rescatado por barcos de Amalfi e levado a Salerno, onde foi proclamado príncipe. Inmediatamente iniciouse unha guerra civil que había durar dez anos. Coa intervención do [[emperador de Occidente]] [[Luís II o Mozo]] (847) decidiuse a partición do principado en dous con sedes en [[Benevento]] e [[Salerno]] respectivamente. O [[849]] o rei de Italia fixo oficial a división.
 
O recente nado principado de Salerno tiña como principais cidades [[Salerno]], [Tarento], [[Cassano]], [[Cosenza]], [[Paestum]], Conza, Sarno, Cimitile ([[Nola]]), [[Capua]], [[Teano]] e [[Sora]]. A súa situación xunto ao [[mar Adriático]] e os seus numerosos portos converteron o principado nun poderoso territorio marítimo. Os primeiros anos do principado serían convulsos ata a chegada ao poder de [[Guaifero de Salerno|Guaifero]], que nun reinado de 19 anos, estabilizou o país. En pouco tempo o principado de Salerno superou o de [[Benevento]]. Durante este período produciuse unha nova división territorial. [[Principado de Capua|Capua]] fíxose independente creando o seu propio principado. Tecnicamente Salerno era vasalo do [[Francia occidental|Imperio Occidental]], pero na práctica era un territorio independente, chegando mesmo a acordos cos [[sarracenos]]. Guaifero foi deposto polo seu fillo [[Guaimaro I de Salerno|Guaimaro I]]. Este rompeu as alianzas cos sarracenos e acercousse ao emperador occidental [[Carlos o Calvo]] primeiro, e co emperador [[Imperio Bizantino|bizantino]] [[Basilio I]] despois (887), chegando a recibir deste devandito o título de [[patricio]].
53.378

edicións