Principado de Salerno: Diferenzas entre revisións

estado do sur de Italia do século IX ao XI
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Nova páxina: O '''Principado de Salerno''' foi un principado longobardo do sur da península itálica nado o ano 851. == Historia == O ano 839 morre o príncipe de Benevento [...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2007 ás 00:37

O Principado de Salerno foi un principado longobardo do sur da península itálica nado o ano 851.

Historia

O ano 839 morre o príncipe de Benevento Sicardo. O xefe do exército Radelquis (Radelchis) apoderouse do poder e proclamouse ao seu lugar. O irmán e herdeiro de Sicardo, Siconulfo, foi encarcerado en Tarento, pero foi rescatado por barcos de Amalfi e levado a Salerno, onde foi proclamado príncipe. Inmediatamente iniciouse unha guerra civil que había durar dez anos. Coa intervención do emperador de Occidente Luís II o Mozo (847) decidiuse a partición do principado en dous con sedes en Benevento e Salerno respectivamente. O 849 o rei de Italia fixo oficial a división.

O recente nado principado de Salerno tiña como principais cidades Salerno, [Tarento], Cassano, Cosenza, Paestum, Conza, Sarno, Cimitile (Nola), Capua, Teano e Sora. A súa situación xunto ao mar Adriático e os seus numerosos portos converteron o principado nun poderoso territorio marítimo. Os primeiros anos do principado serían convulsos ata a chegada ao poder de Guaifero, que nun reinado de 19 anos, estabilizou o país. En pouco tempo o principado de Salerno superou o de Benevento. Durante este período produciuse unha nova división territorial. Capua fíxose independente creando o seu propio principado. Tecnicamente Salerno era vasalo do Imperio Occidental, pero na práctica era un territorio independente, chegando mesmo a acordos cos sarracenos. Guaifero foi deposto polo seu fillo Guaimaro I. Este rompeu as alianzas cos sarracenos e acercousse ao emperador occidental Carlos o Calvo primeiro, e co emperador bizantino Basilio I despois (887), chegando a recibir deste devandito o título de patricio.

O seguinte gobernante, Guaimaro II, levou o principado de Salerno a uns momentos álxidos. Tomou parte na batalla de Garigliano contra os musulmás o 915. O fillo de Guaimaro, Xisulfo I, tivo que superar un intento de invasión de Xoán III de Nápoles e Landulfo II de Benevento. Posteriormente saíu en defensa de Pandulfo Testa de Ferro, que era príncipe de Capua e Benevento. Ao morrer sen descendentes decidiu entregar o principado a Landulfo. Entre 978 e 983 Salerno estivo gobernado por príncipes foráneos das casas de Capua e Amalfi. Este último ano subiu ao poder Xoán, da casa de Spoleto. Con el e os seus sucesores o principado viviu un último período de esplendor. O seu fillo Guaimaro III tivo que facer fronte aos ataques sarracenos, pero fíxoo coa axuda de mercenarios normandos. Baixo o seu reinado floreceu a Schola Medica Salernitana.

Guaimaro IV uniu o seu principado co de Capua. Despois, coa axuda de Conrado II, emperador romano-xermánico estendeu os seus dominios sobre as cidade-estado de Gaeta, Nápoles e Amalfi. O fillo de Conrado, Henrique III, en cambio, expulsou a Guaimaro de Capua o 1047 para limitar o seu poder. Aos poucos Salerno declinou. O 1077 o último príncipe longobardo Xisulfo foi derrotado polo normando Robert Guiscard, duque de Pulla. Salerno deixou de ser a capital dun próspero principado independente para pasar a ser a capital do ducado de Pulla, Calabria e Sicilia.

Príncipes de Salerno