República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrección das palabras erróneas "Alemania" e "alemana".
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 34:
|moeda = [[Marco da República Democrática Alemá|Ostmark]]
}}
A '''República Democrática Alemá''' (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Deutsche Demokratische Republik''), tamén coñecida informalmente como ''Alemaña do Leste'' ou ''Alemaña Oriental'', foi unha [[república socialista]] establecida en [[1949]] na zona de ocupación [[Unión Soviética|soviética]] de [[Alemaña]] trala [[segunda guerra mundial]], ademais de [[Berlin Leste]], unha porción da cidade baixo control das [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Forzas Aliadas]]. Xeograficamente a Alemaña Democrática ocupaba a parte nordeste da actual [[Alemaña]], correspondente aos [[Estados de Alemaña|actuais estados]] de [[Mecklemburgo-Antepomerania]], [[Saxonia-Anhalt]], [[Saxonia]], [[Turinxia]] e [[Brandeburgo]], abranguendo unha área total de 108.179 km². Facía fronteira con [[Checoslovaquia]] ao sur, [[Alemaña Occidental]] ao sur e ao oeste, [[Polonia]] ao leste, e a súa parte norte estaba bañada polo [[Marmar do Norte]].
 
En [[1989]], unha revolta popular provocou un troco no goberno, até entón en mans do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña]] (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Sozialistische Einheitspartei Deutschlands''), negándose os [[Unión Soviética|soviéticos]] a intervir. Así, o [[9 de novembro]] dese mesmo ano caía o [[Muro de Berlín]] e, finalmente, o [[3 de outubro]] de [[1990]], os ''[[Estados de Alemaña|Länder]]'' (estados) do leste de Alemaña [[Reunificación alemá|foron integrados como novos estados federais]] dentro da nova [[República Federal de Alemaña]]. A [[Comunismo|transformación comunista]] durante a historia da República foi máis forte na [[industria]], na [[agricultura]], e na maioría do [[educación|sistema educativo]], mentres que as profesións de [[ciencia]] e [[enxeñaría]], as igrexas e incluso as tradicións burguesas preserváronse. A [[socialismo|política social]], que se tornara nunha ferramenta de lexitimación crítica nas últimas décadas, mesturaba elementos comunistas e tradicionais por igual.
Liña 41:
=== Orixe ===
[[Ficheiro:SED Logo.svg|150px|miniatura|esquerda|Logo do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|SED]].]]
Na [[Conferencia de Ialta]], celebrada en [[febreiro]] de [[1945]], os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], o [[Reino Unido]] e a [[Unión Soviética]] acordaron a división de [[Alemaña]] en zonas de ocupación. Calculando o territorio que os exércitos converxentes dos aliados occidentais e a URSS podían tomar, a Conferencia de Ialta determinou as liñas de demarcación para as respectivas zonas de ocupación. Trala rendición de [[Alemaña nazi|Alemaña]], o [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Consello de Control Aliado]], representando a Estados Unidos, Reino Unido, [[Francia]] e a Unión Soviética, asumiu a autoridade gobernamental da Alemaña de post-guerraposguerra. Con todo, a desmilitarización económica (especialmente o traslado de equipamento industrial) era responsabilidade de cada zona individualmente.
 
A [[Conferencia de Potsdam]], celebrada uns meses despois, entre [[xullo]] e [[agosto]] de [[1945]], recoñeceu as zonas e confirmou a xurisdición da Administración Militar Soviética en Alemaña (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Sowjetische Militäradministration in Deutschland, SMAD'') dende os [[río Oder|ríos Oder]] e [[río Neisee|Neisse]] até a liña de demarcación. A zona de ocupación soviética incluíu os antigos estados de [[Brandeburgo]], [[Mecklemburgo-Antepomerania]], [[Saxonia]], [[Saxonia-Anhalt]] e [[Turinxia]]. A cidade de [[Berlín]] foi colocada baixo o control do catro poderes.