Globalización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño corrector
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 45:
Con todo, unha nova crise que se iniciou a mediados da década dos sesenta (ver [[estanflación]]), agudizada pola [[crise do petróleo de 1973]] provocou unha reorganización radical da economía, fundada na intensa promoción da innovación tecnolóxica ([[Tecnoloxías da información e a comunicación|TIC]]), a reforma das políticas de desenvolvemento (ver [[Consenso de Washington]]) e tentativas de desmantelar do Estado de Benestar, que chegou a ser visto como -nas palabras de [[Margaret Thatcher]] - un "estado niñeira", sofocador das liberdades e restrinxidor da capacidade de escoller dos individuos. Xa desde a década dos 70 e 80 do século XX varios analistas e políticos atoparon necesario ou conveniente efectuar unha forte [[crítica social|crítica]], sexa desde un punto de vista [[Pragmatismo|pragmático]] ou desde un punto de vista [[Liberalismo económico|liberal]] a formas socio-político e económicas anteriores, que eles consideraban [[estatización|estatizantes]] e en consecuencia restrictoras tanto das liberdades individuais como do desenvolvemento económico e social, propoñendo novas formas a fin de crear un terreo favorable para a revitalización das economías.
 
No goberno de [[Augusto Pinochet|Pinochet]] en Chile (no que se chamou "experimento",<ref>por exemplo: [[Sebastián Edwards]] [http://www.cepchile.cl/dms/lang_1/doc_1460.html CEP Centro de Estudios Publico ESTABILIZACIÓN CON LIBERALIZACIÓN: DIEZ AÑOS DEL EXPERIMENTO CHILENO CON POLÍTICAS DE MERCADO LIBRE 1973-1983] en [[Centro de Estudios Públicos]] e Edwards, Sebastian e Alejandra Cox Edwards: "Monetarismo y liberalización : el experimento chileno" Fondo de Cultura Económica : ISBN 968-16-3856-5; ISBN 978-968-16-3856-6</ref> ver [[Milagre de Chile]]), seguido polo de [[Margaret Thatcher|Thatcher]] (1979-1990) en Gran Bretaña) e o de [[Ronald Reagan|Reagan]] (1981-1989) en [[Estados Unidos de América|EE. UU.]] etc, implementaron parcialmente as políticas económicas de economistas como [[Friedrich Hayek]] e [[Milton Friedman]] respectivamente,<ref>[http://www.hacer.org/current/BOOK005.php Milton Friedman: Chile y el Premio Nobel], por Ángel Soto</ref> o que de feito redundou na xeración de novas interrelacións entre os factores económicos e mercados de todo o mundo (consumidores, traballo, recursos naturais, investimentos financeiros etc.); con todo ambos gobernos foron noutras áreas fortemente [[intervencionista]]s. A partir de entón outros gobernos aplicarían medidas combinando algún nivel de [[liberalismo económico]] xunto coa [[tecnocracia]] estatal, moitas veces para poder contentar con algún grado de intervencionismo a sectores sociais e [[Grupo de presión|grupos de presión]] que rexeitan o desmantelamento do Estado de Benestar. Todo este fenómeno en [[políticas públicas]] sería coñecido, especialmente polos seus críticos provenientes do [[socialismo]] post-Guerraposguerra Fría, baixo o confuso termo de "[[neoliberalismo]]".
 
O 9 de novembro de 1989, produciuse a caída do [[Muro de Berlín]], abrindo camiño á implosión da Unión Soviética en 1991 e a desaparición do bloque comunista. A partir dese momento comezou unha nova etapa histórica: a ''globalización''. Ante os feitos en xullo-setembro de [[1989]] o economista político estadounidense [[Francis Fukuyama]] publica un artigo titulado ''[[The End of History and the Last Man]]'' (en galego ''O fin da Historia e o últino home''), chegou a dicir que «''o que poderiamos estar vendo non é só o fin da Guerra Fría, ou dun particular período de post-guerraposguerra, senón o fin da historia como tal: isto é, o punto final da evolución histórica da humanidade e a universalización da democracia liberal occidental como a forma final de goberno humano''». Posteriormente retractaríase de tal afirmación.
 
Durante este período destaca o rol dos [[Organización Internacional|organismos internacionais]] como [[Organización Mundial do Comercio|OMC]], [[Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico|OCDE]], [[Fondo Monetario Internacional|FMI]] e [[Banco Mundial|BM]] que nas últimas décadas foron retratados como impulsores da globalización, con todo, a globalización sendo un proceso civil e de mercado máis ben tende a ser vista como unha [[orde espontánea]] independente dos organismos políticos, sendo discutido se as accións dos organismos supraestatais dificultan no canto de facilitar a globalización.<ref>[http://www.institutoacton.com.ar/articulos/evazquezger/artvazquezger1.pdf A orde espontánea da globalización], por Ezequiel Vásquez</ref> Unha organización privada que anualmente se reune para dar o seu respaldo ao proceso globalizador é o [[Foro Económico Mundial]].