Miles Davis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
'''Miles Dewey Davis III''', nado en [[Alton]] ([[Illinois]]) o [[26 de maio]] de [[1926]] e finado en [[Nova York]] o [[28 de setembro]] de [[1991]], foi un dos músicos de [[jazz]] máis importantes da última metade do século XX. [[trompeta|Trompetista]], director e compositor, Davis encabezou case tódalas principais evolucións do jazz dende a II Guerra Mundial ata os 90. Tocou nalgunhas das primeiras gravacións de [[bebop]] e gravou o primeiro [[cool jazz]]. Foi en parte responsable do desenvolvemento do [[jazz modal]] e o [[fusion|jazz fusion]] xurdiu do seu traballo con outros músicos entre finais dos 60 e principios dos 70. O [[free jazz]] foi o único estilo de jazz de despois da guerra que non foi significativamente influenciado por Davis, aínda que algúns músicos das súas bandas interpretaron despois tal estilo. As súas gravacións, xunto coas interpretacións ó vivo das súas moitas bandas, foron vitais para a aceptación do jazz coma unha música de alto valor artístico. Promotor e innovador, Davis fíxose famoso polo seu estilo melódico e lánguido e pola súa personalidade lacónica e, ás veces, conflitiva. Coma músico de jazz cada vez mellor pagado e máis vestido á moda, Davis foi un símbolo do potencial comercial do jazz.
 
Davis continuou unha liña de trompetistas comezada por [[Buddy Bolden]] e evoluíu xunto a [[Joe "King" Oliver]], [[Louis Armstrong]], [[Roy Eldridge]] e [[Dizzy Gillespie]]. Foi comparado con [[Duke Ellington]] coma innovador musical: ámbolos dous foron talentosos intérpretes dos seus instrumentos, mais non considerados tecnicamente virtuosos. O principal potencial de Ellington era coma compositor e líder dunha enorme banda, mentres Davis tivo talento para xuntar a fantásticos músicos en pequenos grupos e darlles espazo para desenvolverse. Moitas das figuras do jazz da post-guerraposguerra tocaron nunha das bandas de Davis nalgún momento da súa carreira.
 
[[Ficheiro:Miles Davis 24.jpg|miniatura|dereita|Miles Davis no ''Nice Jazz Festival '89'']]