Manuel Diz Ramos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
Era fillo do comerciante José Diz Gil e mais de Genoveva Ramos Ogando, que emigraron á capital do estado en diferentes momentos e circunstancias. O seu bisavó traballara na construción e fixo obras como o [[ferrocarril]]. De [[adolescente]] traballou nas minas de [[estaño]] no seu poboado de orixe e como canteiro nas provincias de [[Provincia de Huesca|Huesca]] e [[Provincia de León|León]].
 
A finais do ano [[1946]] emigrou para o [[Brasil]].<ref name="BDX">[https://www.youtube.com/watch?v=fkodmBdgHCw Entrevista en ''Brasil das Gerais''.] Rede Minas, 2013.</ref> Nos primeiros anos residiu en [[Salvador, Baía|Salvador]], [[Baía, Brasil|Baía]], e máis tarde, en [[1951]], pasou a vivir a [[Belo Horizonte]], [[Minas Xerais]], onde traballou no [[comercio]] e a construción civil. Estudou no [[colexio]] Santo António e fixo un curso de posgraduado de especialización no ensino de Ciencias na [[Universidade Federal de Minas Gerais]], tras o que exerceu como docente de [[matemáticas]] e [[física]].
 
Foi introdutor e primeiro correspondente da revista ''Carta de España'', editada polo Instituto Español de Emigración. Foi Presidente do Instituto Mineiro de Cultura Hispánica, en Belo Horizonte e director-presidente, por varios anos, do Grémio Español de Socorros Mutuos e Instrución. Foi tamén Consultor de Física, por varias veces, no sector de Suplencia (DESU) en Belo Horizonte. Coordinou e compilou o libro ''Noventa años de Historia del Gremio Español de S. Mútuos e Instrucción'' ([[2001]]).