Rodas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 182:
En [[1299]], o Papa (que alí non tiña ningún dereito) deu a illa en feudo a [[Federico II de Sicilia]]. En [[1302]] os venecianos establecéronse na illa (e nalgunha máis entre [[1302]] e [[1306]]) en posicións que foron consideradas baixo soberanía da república. En 1303 a illa foi arrasada por un terremoto que matou a boa parte da poboación grega e os [[imperio otomán|otománs]] establecéronse nalgún punto da illa dos que foron expulsados entre 1306 e 1309.
 
Federico II enviou en [[1305]] ao seu irmán Fernando de Aragón, cabaleiro hospitalario, a ocupar algunhas illas gregas, expedición que fracasou. En [[1306]] os venecianos atacaron quizais ocuparon [[Nísiros]] e o veneciano Andrés Cornaro apoderouse de [[KarpatosKarpathos]]; a posición xenovesa nas illas era moi débil e o almirante xenovés Vignolo de Vignoli, alegando ter [[Cos, Grecia|Cos]], [[Leros]] e unha facenda de Rodas (Lardos) en feudo do emperador, reuniuse secretamente en [[Limasol]] co gran maestre dos [[Orde de Malta|Cabaleiros de San Xoan de Xerusalén]], [[Fulc de Villaret]] ([[27 de maio]] de [[1306]]) e vendeulle os seus dereitos, acordando conxuntamente a conquista de Rodas da que Vignolo reservábase Lardos e outro castelo da súa elección, ademais dun terzo das rendas das demais illas.
 
O [[23 de xuño]] Villaret saíu de Limasol con dúas galeras ás que se uniron outras provistas polos xenoveses e apoderáronse de [[Kastellorizo]]. Vignolo denunciado ás autoridades gregas de Rodas, escapouse da illa e reuniuse con Villaret. Cos foi ocupada por sorpresa, pero os gregos recuperaron o castelo e expulsáronos. O [[5 de setembro]] de [[1307]] o Papa confirmou a cesión de Rodas (á que non tiña ningún dereito) agora aos cabaleiros. O [[20 de setembro]] de [[1306]] os cabaleiros ocuparon Peraclos na costa oriental de Rodas, pero o día 25 foron rexeitados no seu ataque á cidade de Rodas.
Liña 190:
Desde [[1310]] os cabaleiros quixeron facer cumprir a prohibición do Papa de comerciar cos musulmáns e iso levou ao enfrontamento cos xenoveses.
 
Os cabaleiros dominaron as illas do Dodecaneso ([[1410]]) menos [[Astipalea]] (dos Querini), KarpatosKarpathos (Cornaro) e [[Kasos]]. Nisiros foi dada en feudo aos Assanti de [[Isquia]] en [[1316]]. En [[1325]] os feudos de Vignolo pasaron ao seu irmán Fulc de Vignoli hereditariamente, pero coa prohibición de vender sen o consentimento dos cabaleiros.
 
Cos, onde os gregos recibiran a axuda de 50 soldados venecianos [[mercenario]]s, foi ocupada parcialmente polos cabaleiros en [[1312]] e [[1315]], pero esta posesión non foi recoñecida por Bizancio, que outorgou a concesión aos [[Giustiniani]] de [[Quíos]] en [[1362]], e alí tiveron algunha factoría, pero un século despois, antes de [[1481]], renunciaron a favor dos cabaleiros.
Liña 206:
Constantinopla foi ocupada polos otománs en [[1453]] e entón Kasos pasou a Rodas. En [[1480]] Rodas foi asediada (maio a xullo), por Mesih Pasha, pero fracasou no asalto final o [[28 de xullo]]. O verán de [[1482]] o [[shehzade]] [[Djem]], derrotado polo seu irmán [[Baiezid II]], refuxiouse en Rodas e foi enviado a [[Francia]] onde morreu en [[1495]].
 
En [[xullo]] de [[1522]] iniciouse o ataque a Rodas; o castelo de San Pedro coa cidade de Halicarnaso pasaron a soberanía de Solimán o Magnífico (entón a cidade era chamada Petrion, probablemente do nome do castelo) e os otománs convertérona en [[Bodrum]]. Finalmente os turcos conquistaron Rodas ([[25 de decembro]] de [[1522]]) e o [[1 de xaneiro]] de [[1523]], en virtude do tratado de capitulación, permitiuse a evacuación dos cabaleiros das illas sans e salvos. Murad, fillo de Djem, que optara por quedar na illa, e converteuse ao [[cristianismo]], foi executado xunto cun fillo (a muller e dúas fillas foron enviadas a [[Estambul]]). Cos foi ocupada pouco despois. En [[1537]] os otománs ocuparon KarpatosKarpathos e Kasos.
 
=== Dominación otomá ===