Rodas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Liña 162:
Para romper a alianza con Exipto, Rodas sufriu un épico [[asedio]] por parte de [[Demetrio Poliorcetes]], [[-305]]-[[-304]]). Finalmente Demetrio retirouse e asinou a paz, e deixou unha gran cantidade de material militar no lugar, que os rodios venderon, e co diñeiro recollido erixiron unha estatua a [[Helios]], coñecida como o [[coloso de Rodas]].
 
Nestes anos Rodas estendeu o seu dominio á costa de Licia e a Caria, á chamada [[Perea]] Rodia, e ás illas veciñas: [[Kasos]], [[KarpatosKarpathos]], [[Telos]] e [[Kalki]].
 
[[Agatágetos]] tomou partido polos [[Antiga república romana|romanos]] e intentou convencer ao goberno da illa a aliarse con Roma, cara ao [[-171]], pero a illa permaneceu neutral. Logo da derrota de [[Perseo de Macedonia]] ([[-168]]) Rodas houbo de ceder moitos dos seus territorios a Roma, acusada de dar apoio ao rei macedonio. En [[-164]] asinou un tratado de amizade con Roma e a illa converteuse no centro de educación de moitos mozos de familias nobres romanas.