Karate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Elisardojm (conversa | contribucións)
doutro
Liña 146:
De feito, os tres estilos primordiais non eran estilos formais, mais contaban só con grandes mestres que lles daban relevancia. No século XIX, os estilos Shuri e Tomari acaban por se mesturar e converxer no estilo [[Shorin-ryu]]. O estilo Naha evoluciona para o que se chamaba estilo [[Shorei-ryu]]. Estes dous tamén son considerados estilos clásicos, dos cales todos os demais, en todo ou en parte, evolucionaron.<ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://www.karatebyjesse.com/legends-of-karate-mabuni-kenwa-and-his-shito-ryu-pt-1/|dataacceso=4 de decembro de 2014|título=Legends of Karate: Mabuni Kenwa and his Shitô-Ryû (pt. 1)}}</ref>
 
Para diferenciar un estilo de outrodoutro, o karate seguiu máis ou menos o modelo adoptado no resto do Xapón: cada estilo identifícase por un nome maila partícula '''ryu''' ({{lang|ja|流}}). Outro caso pode ocorrer cando se produce unha subdivisión, que pode darse co xurdimento dunha liñaxe que pregoa determinada marca diferencial. Nesta hipótese, ocorre a adición da partícula '''ha''' ({{lang|ja|派}}) mailo nome do estilo orixinal anteposto. Acontece, porén, que isto non é unha regra ríxida que todos seguen, pois pode haber unha liñaxe dun estilo que usa a partícula '''ryu''', coma son os casos das varias escolas directamente orixinadas do estilo Shorin-ryu.
 
Unha última hipótese é a das entidades que usan o sufixo '''kan''' ({{lang|ja|館}}: edificio, casa), que poden ser un estilo ou unha simple liñaxe derivada. Moitas veces, orixínanse como tributos a mestres moi graduados e, algunhas veces, acaban transformándose en estilos propiamente ditos, como foi o caso do estilo Shotokan, que tamén é derivado do estilo Shorin.