Raul Meireles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=banco
Liña 65:
O [[16 de xaneiro]] de [[2011]], Meireles anota o seu primeiro gol para o [[Liverpool Football Club|Liverpool]] no derbi ante [[Everton Football Club|Everton]], nun empate 2-2 en [[Anfield]] que coincidía coa chegada de [[Kenny Dalglish]] como novo adestrador. O seu segundo gol chega tan só seis días máis tarde, grazas a unha volea co pé dereito contra o [[Wolverhampton Wanderers]], nunha vitoria a domicilio por 3-0. O [[2 de febreiro]] marca outro gol, o terceiro en catro partidos, nunha vitoria por 2-0 ante o [[Stoke City]], e catro días máis tarde fai catro de cinco, ao anotar o gol da vitoria en [[Stamford Bridge]] contra o [[Chelsea FC|Chelsea]]. Meireles aumentaría a súa conta goleadora o 12 de febreiro ante o [[Wigan Athletic]], chegando a conseguir finalmente cinco goles en seis partidos consecutivos da [[Premier League]]. Non conseguriría ese ano marcar máis goles, terminando a tempada con 5 en 33 partidos, acabando o seu equipo no sexto lugar na da clasificación con 58 puntos. A súa primeira tempada na liga inglesa foi moi exitosa, chegand oa conseguir o trofeo ao Mellor xogador da Liga outorgado polos fans, superando á talla de [[Fernando Torres]], [[Samir Nasri]], [[Dimitar Berbatov]] e [[David Luiz]].
 
Meireles comeza a seguinte tempada entrando desde o banquillobanco no minuto 75 minutos ante o [[Sunderland AFC|Sunderland]]. No seguinte partido, contra o [[Arsenal Football Club|Arsenal]], no cal non figuraba de novo no once inicial, sae desde o banco no minuto 71 para axudar cun gol. Uns días máis tarde, o 31 de agosto de 2011, presenta unha solicitude de transferencia por escrito, nos últimos minutos do período de traspasos.
 
=== Chelsea e Fenerbahçe ===