Diferenzas entre revisións de «Umar ibn al-Khattab»

m (→‎Goberno: Arranxos varios using AWB)
Pertencía ao clan de Banu Adi, da tribo dos Quarysh. Naceu na [[Meca]]. Traballou como pastor e comerciante, practicaba un afervoado [[paganismo]], salientaba entre os seus pola súa cultura, forza física e habilidade guerreira.<ref>as-Suyuti, ''The History of Khalifahs Who Took The Right Way'' (London, 1995), p. 107-108.</ref>
 
Cando [[Mahoma]] empezou a predicar o Islam.islam, Umar decidiu defender o [[politeísmo]] tradicional fronte a nova relixión [[monoteísmo|monoteísta]]. Comezou a dirixir unha persecución violenta contra os novos crentes. Cóntase que, cando descubriu que na súa propia casa a súa irmá e o seu home estaban recitando o Corán, atacounos cheo de carraxe. O sangue da súa irmá conmoveuno e pregoulle que lle lese o que estaba recitando. Ao escoitalo, converteuse ao islam nese mesmo intre. Ao pouco tempo, cheo de valor, foi o primeiro musulmán que se atreveu a orar abertamente na [[Kaaba]], o que supuxo un paso decisivo para a práctica do islam á luz pública.<ref>''Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq'', Mohammad Allias Aadil, page no:119</ref><ref>Armstrong, p. 152.</ref>
 
== Ascenso ==
230.313

edicións