House Un-American Activities Committee: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Control de autoridades
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
O House Committee on Un-American Activities converteuse en comité permanente en 1945, presidido polo congresista Edward J. Hart, de Nova Jersey.<ref>{{Cita libro|nome=Walter|apelidos= Goodman|título=The Committee|localización=Nova York|editor=Farrar, Straus and Giroux|ano=1968}}</ref>
 
En 1947 o comité estivo nove días escoitando sospeitosos de propaganda comunista dentro da industria do cinema de Hollywood. Finalmente, tras negarse a responder a certas cuestións os chamados "Hollywood Ten" foron incluídos nunha lista negra pola industria. Máis de trescentos artistas, especialmente [[guión (arte)|guionistas]], foron boicoteados polos estudios. Algúns, como [[Charles Chaplin]] ou [[Orson Welles]] abandonaron os Estados Unidos para conseguir traballo. Algúns xefes dos estudios informaron ao comité que filmes rodados durante a guerra como ''[[Mission to Moscow]]'' e ''[[The North Star]]'' podían ser considerados propaganda pro-soviéticaprosoviética, pero eran valiosos no contexto do apoio aos aliados e foron feitos, como ''Mission to Moscow'', por petición da Casa Branca. Como resposta ás investigacións do comité moitos estudios produciron filmes de propaganda anti-soviética, como ''[[The Red Danube]]'', ''[[I Married a Communist (filme)|I Married a Communist]]'' ou ''[[I Was a Communist for the FBI]]''. O único estudio grande que non o fixo foi [[Universal-International Pictures]].
 
O prestixio do comité comezou a minguar a finais da década de 1950. En 1959 o ex-presidente [[Harry S. Truman]] definiuno como "a cousa máis non americana do país na actualidade."<ref>{{Cita libro|nome=Stephen J.|apelidos=Whitfield|título=The Culture of the Cold War|editor=The Johns Hopkins University Press|ano=1996}}</ref> Segundo avanzaba a década seguinte converteuse no obxectivo de moitas sátiras políticas e dunha nova xeración de activistas políticos.