Galia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m Fócida > Focea as per RAG focense1
Isili0n (conversa | contribucións)
*Trasalpino > transalpino.
Liña 16:
 
== Os distintos pobos da Galia ==
Xulio César fixo unha descrición sobre tres dos pobos que habitaban a [[Galia Trasalpinatransalpina]] no seu libro ''[[Comentarios sobre a guerra das Galias]]''. Conta que estaba a rexión dividida en tres partes, e que cada unha delas estaba habitada polo pobo dos '''belgas''', o dos '''aquitanos''' e o dos '''galos''' (ou celtas). Aínda que só describe estes tres, sábese que a Galia estaba habitada por moitos máis pobos diferentes.
 
Os belgas habitaban a parte do norte; ao sur da súa rexión estaban os ríos Sequana (Sena) e Matrona ([[Marne]]). Os chamados celtas por Xulio César habitaban a parte central. Os individuos destes dous pobos eran altos, de pel clara, bastante sociábeis e tiñan por costume loitar en grandes grupos. Os aquitanos habitaban no sur, entre o río Garona e os montes Pireneos; eran morenos e loitaban en pequenos grupos. Falaban linguas diferentes e os seus costumes e leis tampouco eran comúns.
Liña 26:
== As Galias ==
[[Ficheiro:REmpire-Gallia.png|miniatura|As diferentes provincias que formaban parte da Galia]]
Todas as terras habitadas polos galos eran coñecidas polos romanos como as Galias, en plural, porque Roma distinguía máis de unha en función da súa situación xeográfica. Por iso distinguían entre '''Galia Cisalpina''' (ao norte de Italia, antes de pasar os Alpes) e '''Galia Trasalpinatransalpina''' (alén dos Alpes, desde o norte de Italia), ademais dos moitos territorios que aínda estaban sen conquistar até a época de Xulio César (Galia Comata ou ''Cabeluda'').
 
=== Galia Cisalpina ===
Liña 39:
== Conquista romana ==
{{Artigo principal|Galia romana}}
Xulio César derrotou ás tribos celtas en Galia entre [[-58|58]] e [[-51|51 a.C]]., e escribiu as súas experiencias en ''[[De Bello Gallico]]'' (''Comentarios sobre a guerra das Galias''). A rexión conquistada por César era a Galia Trasalpinatransalpina, onde se encontraba incluída a Galia Comata. César describiu os galos como individuos intelixentes, moi activos, impulsivos e inestábeis.
 
Cando César chegou á Galia no ano 58 a.C., estes territorios eran só un nome para os romanos, que só coñecían as provincias meridionais, sometidas co fin de garantir a pasaxe e as comunicacións por terra cara [[Hispania]]. Sabían os romanos que os seus habitantes eran tribos celtas que estaban en continua liorta. César acudiu ao territorio da Galia para socorrer o pobo dos [[helvecios]], estabelecidos no que hoxe é Suíza, e que daquela se vían ameazados polos [[xermanos]]. Máis tarde foi en axuda dos [[eduos]], que estaban en loita contra os belgas; despois destas fazañas, decidiu instalarse alí. E no ano [[-56|56]] a.C. librou unha batalla naval contra os [[vénetos]].