Wikipedia:Consenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 14:
O consenso é un proceso normal e habitualmente implícito e invisible da Wikipedia. A presunción é que calquera edición non disputada ou revertida por outro editor está feita baixo consenso. Esa edición pode ser revisada posteriormente por outro editor sen mediar disputa, asumindo entón que se acada un novo consenso. Desta forma a enciclopedia medra e mellora de forma gradual co tempo.
 
Tódalas edicións deben ir acompañadas dunha explicación (agás que o motivo da edición sexa obvio). Isto faise ó indicar un [[Axuda:Resumo de edición|resumo de edición]] claro no que se explica o motivo do cambio, ou por medio dunha mensaxe na [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]] do artigo. Os resumos de edición son de especial importancia á hora de reverter as edicións de [[Wikipedia:Asuma a boa fe|boa fe]] doutros editores. As reversións repetidas e [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerras de edicións]] son contraproducentes para a Wikipedia. A excepción a isto son as reversións de [[Wikipedia:Vandalismo|vandalismos]] e o cumprimento de políticas como a de [[WPWikipedia:BPVBiografías de persoas vivas|biografías sobre persoas vivas]].
 
Agás nos casos nos que aplique algunha das [[Wikipedia:Políticas e normas|políticas da Wikipedia]], a maioría de disputas sobre o contido poden resolverse por medio de cambios menores no lugar de tomar unha posición de todo ou nada. Normalmente un cambio na redacción será suficiente para satisfacer a maioría das preocupacións dos editores. Tanto se os cambios proceden do proceso de edición ou do de conversa, a mellor forma de mellorar a Wikipedia é a través da colaboración e o consenso, e non por medio da disputa e da capitulación.