Wikipedia:Consenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 53:
* As '''conversas fora da wiki.''' As conversas noutras páxinas webs, foros, canles de IRC, por correo electrónico ou de calquera outra forma fóra do proxecto están polo xeral desaconselladas, e non se toman en conta ó determinar un consenso "dentro da wiki". Nalgúns casos este tipo de comunicacións externas poden xerar sospeitas e desconfianzas. A maioría das discusións relacionadas coa Wikipedia deberían manterse na propia Wikipedia, onde todos poden velas.
* O '''proselitismo''' e/ou o '''[[Wikipedia:Monicreques|uso de monicreques]]'''. Os esforzos para atraer participantes cara unha discusión da comunidade que teñan o efecto de decantar a propia conversa son inaceptables. Malia que sexa aceptable, e en ocasións recomendable, notificar de forma neutral a terceiras partes para que participen nunha discusión achegando novos puntos de vista e argumentos na procura dun consenso, non é aceptable invitar só a editores favorables a un punto de vista particular, ou invitar a editores de forma que se prexudique a súa opinión no tema. O uso de contas alternativas (monicreques) para influenciar a procura do consenso está prohibido. As mensaxes neutrais e informativas na [[WP:T|taberna]], [[Wikipedia:Wikiproxecto|Wikiproxectos]] ou páxinas de conversa de usuarios están permitidas. Porén, as accións que poidan ser razoablemente interpretadas como un intento de "alterar o resultado das urnas" ou que comprometan claramente o proceso de procura dun consenso poden considerarse unha [[Wikipedia:Romper a edición|rotura da edición]] e un [[Wikipedia:Xogar co sistema|xogo co sistema]].
* As '''edicións tendenciosas.''' A procura agresiva e continua dun obxectivo editorial considérase unha disrupción, e debe evitarse. EsOs editores deben escoitar, responder e cooperar para construír un mellor artigo. Os editoresAqueles que rexeitan a procura dun consenso máis aló do que eles insisten, e aqueles que bloquean indefinidamente unha conversa para acadar o seu obxectivo, poñen en risco o proceso de consenso.
* A '''protesta indiscriminada'''. Indicar o mesmo problema en múltiples lugares e páxinas de conversa, ou perante múltiples administradores, ou calquera destas accións de forma repetitiva, resulta nun comportamento que non axuda na procura dun consenso. Na procura dun consenso non axuda trasladar a discusión a diferentes foros na espera de que nun deles se atope a resposta que un procura. As indicacións dunha disputa en curso nos taboleiros e páxinas de conversa deben indicarse da forma máis neutral que sexa posible, para conseguir opinións adicionais o máis neutrais e non involucradas que sexa posible.