Músculo esquelético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Tipos de fibras: É diferencia aquí, porque é do verbo diferenciar, non é o substantivo diferenza.
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 132:
Algúns autores definen a fibra de contracción rápida como aquela na que a miosina pode hidrolizar moi rapidamente o ATP. Isto inclúe na definición principalmente as fibras pola clasificación da ATPase de tipo II e as MHC de tipo II. Porén, as fibras de contracción rápida tamén presentan unha maior capacidade de transmisión electroquímica dos [[potencial de acción|potenciais de acción]] e unha rápida liberación e captación de calcio no retículo sarcoplásmico. As fibras de contracción rápida dependen dun sistema glicolítico de curto prazo ben desenvolvido para a transferencia de enerxía e poden contraerse e xerar tensión a unha velocidade dúas ou tres veces maior que as fibras de contracción rápida. Os músculos de contracción rápida son moito mellores á hora de xerar curtas explosións de forza ou velocidade que os músculos lentos, pero fatíganse máis rapidamente.<ref name="about.com">[http://sportsmedicine.about.com/od/anatomyandphysiology/a/MuscleFiberType.htm] Sports Medicine About.com</ref>
 
As fibras de contracción lenta xeran enerxía para a re-sínteseresíntese do ATP por medio dun sistema de longo prazo de transferencia de enerxía aerobio. Entre elas están as fibras da clasificación pola ATPase de tipo I e as MHC de tipo I. Adoitan ter un baixo nivel de actividade de ATPase, unha velocidade de contracción máis lenta e unha capacidade [[glicólise|glicolítica]] menos desenvolvida. Conteñen grandes volumes de mitocondrias, e altos niveis de mioglobina que lles dan cor vermella. Teñen unha alta concentración de encimas mitocondriais, polo que son máis resistentes á fatiga. Os músculos de contracción lenta dispáranse máis lentamente que os de contracción rápida, pero poden contraerse durante un período de tempo maior antes de fatigarse.<ref name="about.com" />
 
;Distribución dos distintos tipos: