Senescencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 106:
Malia a falta de conexión entre o ADN circular e o envellecemento en organismos superiores, as copias extra de Sir2 poden ampliar a duración da vida de vermes e moscas (mais nas moscas, este descubrimento non foi repetido por outros investigadores, e o activador de Sir2 [[resveratrol]] non produce un incremento reproducible da vida nesas especies.<ref name="resveratrol">{{Cite journal|author1=Bass TM |author2=Weinkove D |author3=Houthoofd K |author4=Gems D |author5=Partridge L |title=Effects of resveratrol on lifespan in Drosophila melanogaster and Caenorhabditis elegans |journal=Mechanisms of Ageing and Development |volume=128 |issue=10 |pages=546–52 |date=October 2007 |pmid=17875315 |doi=10.1016/j.mad.2007.07.007}}</ref>) Non está claro se os [[homoloxía (bioloxía)|homólogos]] de Sir2 en organismos superiores teñen algún papel na duración da vida, pero demostrouse que a proteína SIRT1 humana [[desacetilación|desacetila]] [[p53]], Ku70 e a familia de proteínas [[proteínas FOX|FOX]] de [[factor de transcrición|factores de transcrición]]. A SIRT1 pode tamén regular acetilatos como [[familia do coactivador p300-CBP|CBP/p300]] e desacetila residuos de [[histona]]s específicas.<ref>Salvatore Fusco, Giuseppe Maulucci e Giovambattista Pani. Sirt1. Def-eating senescence? Cell Cycle. 2012 Nov 15; 11(22): 4135–4146. doi 10.4161/cc.22074. PMCID: PMC3524209. [https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC3524209/]</ref><ref>Christopher L. Brooks & Wei Gu. How does SIRT1 affect metabolism, senescence and cancer? Nature Reviews Cancer 9, 123-128 (February 2009). doi:10.1038/nrc2562. [http://www.nature.com/nrc/journal/v9/n2/full/nrc2562.html]</ref>
 
RAS1 e RAS2 tamén afectan ao envellecemento dos lévedos e teñen un homólogo humano. A sobreexpresión de RAS2 aumenta a duración da vida en lévedos.<ref>J Sun, S P Kale, A M Childress, C Pinswasdi and S M Jazwinski. Divergent roles of RAS1 and RAS2 in yeast longevity. The Journal of Biological Chemistry. 269, 18638-18645. July 15, 1994. [http://www.jbc.org/content/269/28/18638.abstract]</ref>
 
Outros xenes regulan o envellecemento en lévedos ao incrementaren a resistencia ao [[estrés oxidativo]]. A [[superóxido dismutase]], unha [[proteína]] que protexe contra os efectos dos [[radical libre|radicais libres]] [[mitocondria]]is, pode aumentar a duración da vida dos lévedos en fase estacionaria cando se sobreexpresa.<ref>Barker MG1, Brimage LJ, Smart KA. Effect of Cu,Zn superoxide dismutase disruption mutation on replicative senescence in Saccharomyces cerevisiae. FEMS Microbiol Lett. 1999 Aug 15;177(2):199-204. PMID 10474184.</ref>