Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Flag_of_Russian_SFSR.svg" por "Flag_of_the_Russian_SFSR.svg" segundo o ordenou CommonsDelinker. Motivo:
m Arranxos varios, replaced: [[Crise de abril (1917) → [[Crise de abril de 1917 en Rusia (4)
Liña 25:
O '''Goberno Provisional Ruso''' formouse en [[Petrogrado]] despois da abdicación do [[tsar]] [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] durante a [[Revolución de Febreiro]] de [[1917]]. Consistiu nunha serie de sucesivos gabinetes, principalmente de coalición entre políticos liberais e socialistas moderados, que trataron infrutuosamente de resolver os graves problemas aos que se enfrontaba o país, enfrascado na impopular [[Primeira Guerra Mundial]], ata a toma do poder dos [[bolxevique]]s en novembro, ala radical do [[Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia]], na [[Revolución de Outubro]].
 
O primeiro goberno estivo formado exclusivamente por políticos burgueses, coa única excepción de [[Aleksandr Kerenskii]], do [[Partido Social-Revolucionario]] (SR), que ingresou no goberno a título persoal. Durou apenas dous meses antes de cesar durante a [[Crise de abril (de 1917) en Rusia|Crise de abril]] debido ás diferenzas sobre a guerra entre socialistas e os membros máis conservadores do Consello de Ministros. Formouse entón o primeiro dos varios Gobernos de coalición entre liberais e socialistas. O príncipe [[Georgii Lvov]] mantívose á fronte do novo Goberno ata despois do fracaso da [[Ofensiva de Kerenskii]], a crise cos membros do [[Partido Democrático Constitucional]], os [[kadete]]s, pola tensión cos nacionalistas ucraínos e as [[Xornadas de Xullo]], cando lle sucedeu Kerenskii á fronte dun gabinete temporal de socialistas e liberais independentes. Estes primeiros gobernos realizaron unha ampla labor de reforma política, pero non resolveron os problemas máis importantes da poboación: a fin da guerra, a reforma agraria, os cambios nas condicións dos obreiros urbanos e as aspiracións das minorías.
 
O novo acordo entre ''kadetes'' e socialistas xurdido tras semanas de negociacións puxo fin á crise gobernamental do verán, pero non resolveu os desacordos entre eles nin permitiu avanzar nas reformas sociais e económicas esixidas cada vez con máis insistencia pola poboación nin levou a avances no fin da guerra. O verán trouxo a radicalización da situación en Rusia: mentres a dereita tendía a buscar unha figura autoritaria que impuxese orde, acabase coa crise e retomase a guerra con vigor, a esquerda reclamaba cada vez con maior insistencia a aplicación de profundas reformas políticas, sociais e económicas. A falta de resultados das accións do Goberno e o fracaso do [[golpe de Kornilov|intento de golpe de Estado]] do comandante en xefe do Exército, debilitaron tanto á dereita como ao Goberno, ao que se viu involucrado no mesmo, e reforzaron a posición da esquerda radical, favorable á toma do poder polos [[soviet]]s.
Liña 77:
Desde os primeiros días da [[Revolución de Febreiro]], o Goberno fracasou nos seus intentos de tomar o control das forzas armadas, que quedaron na práctica baixo a influencia dos soviets.<ref name="rabinowitch49">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 49</ref><ref name="mosse415">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 415</ref> A elección de representantes militares para os soviets, a aprobación da [[Orde número 1]], que limitaba a autoridade do gabinete á política do [[Soviet de Petrogrado]], e a proximidade do programa de paz deste aos desexos maioritarios dos soldados, reforzaron a autoridade dos soviets e frustraron o control gobernamental das forzas armadas.<ref name="rabinowitch49"/>
 
Desde que na [[criseCrise de abril (de 1917) en Rusia|crise de abril]], as tropas da guarnición da capital —uns 180&nbsp;000 soldados, máis outros 152&nbsp;000 nas localidades próximas<ref name="wade100"/>— seguisen as ordes do [[Soviet de Petrogrado]]<ref name="uldricks617"/> e non as do xeneral [[Lavr Kornilov]], comandante da mesma, o Goberno non tivo máis remedio que tratar coas unidades de Petrogrado a través do soviet.<ref name="rabinowitch49"/> O Goberno non contaba en realidade con tropas realmente fieis: as unidades revolucionarias tendían a seguir as directrices dos grupos de extrema esquerda.<ref name="mosse106">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 106</ref><ref name="ferro335">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 335</ref> Os intentos, ilegais, do propio Goberno de frear a propaganda derrotista dos xornais entre as tropas, resultaron inútiles.<ref name="pethybridge134">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 134</ref> A finais de xullo, o gabinete restaurou a censura militar na prensa a petición do alto mando, e ante a súa ineficacia, tratou de eliminar a prensa derrotista.<ref name="pethybridge135">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 135</ref> A propaganda derrotista, principalmente bolxevique, era moito máis eficaz que a do Goberno, que rara vez chegaba aos soldados, e era moito máis próxima aos sentimentos destes, os máis afectados pola guerra.<ref name="pethybridge160">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 160</ref> Foi o propio propio Goberno, porén, o que permitiu a discusión política aos soldados que non estivesen de servizo, por presión da esquerda e contra a opinión dos mandos. A posibilidade de debater, a propaganda derrotista, e a crise de avituallamento da fronte fixeron que o extremismo político de esquerda se estendese rapidamente entre as tropas.<ref name="pethybridge162">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 162</ref>
 
Como no caso de outros grupos, as esixencias dos soldados —uns sete millóns na fronte e outros dous millóns e medio nas guarnicións de retagarda<ref name="wade100"/>— ao comezo da revolución eran moderadas, centradas principalmente na democratización do Exército e a fin dos privilexios dos oficiais e da humillación das tropas.<ref name="uldricks617">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 617</ref> A incapacidade do groso dos mandos para adaptarse á nova situación, o respaldo do Goberno aos oficiais, e a fundada sospeita de que as chamadas a recuperar a disciplina militar e a preparación dunha ofensiva tiñan ademais unha segunda intención contrarrevolucionaria levou ao descrédito do Goberno entre os soldados.<ref name="uldricks617"/> A guarnición de Petrogrado, oposta desde o comezo á continuación da guerra, foi perdendo a súa inicial confianza e apoio cara aos dirixentes socialistas moderados ante a falta de reformas.<ref name="uldricks617"/> O errado [[golpe de Kornilov]] a principios do outono acelerou definitivamente o proceso de oposición das tropas ao Goberno de coalición social-liberal e a esixencia de que o soviet tomase o poder.<ref name="uldricks618">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 618</ref>
Liña 150:
{{VT|Crise de abril (1917)}}
[[Ficheiro:Kerensky--insiderussianrev00dorrrich.png|[[Kerenskii]], figura clave dos Gobernos de coalición entre liberais e socialistas moderados.|miniatura|200px|dereita]]
Tralas [[criseCrise de abril (de 1917) en Rusia|protestas contra continuación da guerra en abril]], que só foron disoltas grazas á intercesión do [[Soviet de Petrogrado]],<ref name="rabinowitchxxvii">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXVII</ref><ref name="rabinowitch43">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 43</ref> Miliukov<ref name="wade38"/><ref name="ferro301">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 301</ref> e Guchkov abandonaron o Goberno e algúns destacados socialistas asumiron carteiras,<ref name="rabinowitch43"/><ref name="wade49">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 49</ref> como o notable menxevique [[Irakli Tsereteli]]<ref name="wade38"/> (Correos e Telégrafos),<ref name="wade49"/><ref name="basil70"/><ref name="wade86"/> [[Matvéi Skóbelev]]<ref name="ferro301"/><ref name="wade49"/> (tamén menxevique, Traballo<ref name="ferro301"/><ref name="basil70"/><ref name="wade86">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 86</ref>) ou os socialrevolucionarios [[Viktor Chernov]]<ref name="wade38"/> (Agricultura),<ref name="wade49"/><ref name="basil70"/><ref name="wade86"/> [[Pável Perevérzev]] (Xustiza), [[Alexei Peshejonov|Alexei Peshejónov]] (Abastecemento<ref name="ferro301"/>) ou o popular<ref name="basil70"/> Kerenskii (Guerra<ref name="wade49"/><ref name="wade86"/> e Mariña).<ref name="rabinowitchxxvii"/> O nomeamento deste debeuse ao desexo de que fose capaz de revitalizar o espírito combativo das tropas grazas á súa popularidade revolucionaria.<ref name="ferro313">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 313</ref> A entrada no executivo de ministros socialistas non foi, porén, inmediata, e supuxo un cambio substancial na anterior postura do [[Soviet de Petrogrado]], no que aínda unha minoría sostivo a anterior postura de permanecer fora do Goberno.<ref name="radkey173">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 173</ref> As discusións entre liberais e socialistas alongáronse durante días e só a intervención final de Kerenskii fixo posible o acordo, que anunciouse ao día seguinte, o {{xulgregdata|18|5|1917}}.<ref name="basil70">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 70</ref><ref name="wade89">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 89</ref> O III Congreso dos socialrevolucionarios aprobou a entrada dos seus membros na coalición (Perevérzev non recibiu aprobación, o que se considera proba de que en realidade non pertencía á formación).<ref name="radkey176">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 176</ref>
 
Os cambios no Goberno non afectaron ao seu carácter:<ref name="rabinowitchxxviii">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXVIII</ref> os liberais tiñan como obxectivo entorpecer as reformas ata a convocatoria da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]], reforzar o poder gobernamental e manter o esforzo <ref name="basil71"/> bélico;<ref name="rabinowitch30"/> mentres que os socialistas preocupábanse de satisfacer as ansias populares por reformas inmediatas e tratar de lograr unha paz<ref name="basil71">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 71</ref> sen indemnizacións de guerra nin anexións<ref name="basil73">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 73</ref> o máis rápidamente posible.<ref name="rabinowitchxxviii"/> As tensións no Goberno agudizáronse;<ref name="rabinowitchxxviii"/> ás diferenzas políticas entre socialistas e liberais uniuse a incapacidade de manter a coalición entre estes e cumprir á vez as ansias da poboación.<ref name="wade287"/><ref name="wade86"/> Incluso numericamente os ministros socialistas (seis) estaban en minoría<ref name="ferro301"/> respecto aos burgueses (nove<ref name="wade49"/>), ademais de non ser un grupo unido<ref name="ferro301"/> dentro do gabinete.<ref name="radkey176"/> A inclusión dos socialistas moderados neste fíxolles perder popularidade e a súa imaxe quedou asociada aos fracasos do Goberno, o que favoreceu aos bolxeviques, única forza relevante de oposición.<ref name="rabinowitchxxviii"/> O relevo de Miliukov tampouco cambiou a política exterior nin a actitude fronte á guerra do Goberno,<ref name="basil71"/> que quedou en mans de Teréshchenko, quen continuou a liña do seu antecesor, pero con máis discreción.<ref name="radkey180">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 180</ref> O novo gabinete prometeu loitar contra a desorganización da economía, mellorar as condicións de traballo, aumentar os impostos sobre os beneficios excesivos, aumentar o autogoberno e convocar canto antes a Asemblea Constituínte, pero a cuestión da propiedade da terra quedaba posposta ata a reunión da Asemblea.<ref name="basil71"/> O seu principal obxectivo, porén, era o reforzamento do Exército; a finais de maio, Kerenskii comezou os seus esforzos para mellorar a súa moral e favorecer a próxima ofensiva, que todas as forzas políticas apoiaron a excepción da extrema esquerda.<ref name="wade89"/> Para a dereita, o fortalecemento das forzas armadas podería servir incluso para debilitar aos seus rivais de esquerda.<ref name="wade89"/> Para os socialistas moderados, a ofensiva era necesaria para demostrar a forza do país e reforzar así a súa posición a favor da paz ante os demais países enfrontados na guerra.<ref name="wade91">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 91</ref> A pesar deste amplo apoio político, a poboación mantiña un intenso rexeitamento á guerra, que desembocou nas [[Xornadas de Xullo]].
Liña 241:
bar:1 color:c1 from:18/01/1918 till:19/01/1918
bar:1 at:08/03/1917 text:"[[Revolución de Febreiro]]" shift:(0,20) mark:(line,white)
bar:1 at:02/05/1917 text:"[[Crise de abril (de 1917) en Rusia|Crise de abril]]" shift:(0,40) mark:(line,white)
bar:1 at:01/07/1917 text:"[[Ofensiva de Kerenskii]]" shift:(0,60) mark:(line,white)
bar:1 at:16/07/1917 text:"[[Xornadas de Xullo]]" shift:(0,20) mark:(line,white)