Río Xordán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
*Rexurde > rexorde.
Liña 23:
 
=== Curso ===
O Xordán fórmase da confluencia doutros tres ríos, na rexión do [[monte Hermón]], na cara norte dos [[Altos do Golán]]: o [[Río Banyas|Banyas]], que ven de Occidente; o [[río Dan|Dan]], confluente central e o [[río Hasbani|Hasbani]], que é o ramal oriental. A dirección do río logo desa unión é decididamente norte-sur. A uns 70&nbsp;km de percorrido, o Xordán atravesa o pequeno [[lago Hula]] (en árabe ''Bahr al-Hulah''), lixeiramente por encima do nivel do mar, e desde aí, continua durante uns poucos quilómetros, até o [[mar de Tiberíades]] ou [[Lago Xenerezaret|Xenezaret]], do cal rexurderexorde para seguir a [[depresión de Ghor]], que é a continuación asiática do [[Gran Val do Rift]] africano, sempre en dirección norte-sur até desembocar na parte setentrional do [[mar Morto]], despois de 360&nbsp;km de curso<ref>As diversas fontes consultadas danlle ao Xordán unha lonxitude distinta; así dentro da Wikipedia o artigo en ingés outórgalle 251 km; en alemán dáselle 400 (e 175 en liña recta); en francés 360 etc; a vella enciclopedia Espasa asígnalle 215, pero di que a cifra se triplica ou cuadriplica "se se contan as súas inúmeras curvas"; mais o "Diccionario Enciclopédico Espasa, edición de 1998, dalle 320; a "Enciclopedia Universal Sopena", edición de 1963, dálle 260 km; pola súa parte a Encyclopaedia Britannica, Micropaedia, t. V, s.v., Jordan River, di que ten 360 km, cifra con a que nos quedamos dado o prestixio desta fonte</ref>, do cal é practicamente a súa maior fonte de alimentación [[auga|hídrica]]. En case a maior parte do curso, a pouco de deixar atrás o lago Hula, o leito está por debaixo do nivel do mar, alcanzando a máxima profundidade no mar Morto, cuxo nivel, por mor do desecamento sufrido nos últimos anos, está nuns -400 m., que constitúe a maior depresión terrestre.
 
== Afluentes ==