Senescencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 175:
Os azucres como a [[glicosa]] e a [[frutosa]] poden reaccionar con certos [[aminoácido]]s como a [[lisina]] e [[arxinina]] e certas bases do ADN como a [[guanina]] producindo [[aduto]]s azucres, nun proceso chamado ''[[glicación]]''. Estes adutos poden despois modificarse para formar especies reactivas, as cales poden despois establecer enlaces cruzados entre proteínas estruturais ou o ADN e outros biopolímeros similares ou outras biomoléculas, como as proteínas non estruturais. As persoas con [[diabete]]s, que teñen un nivel de azucre no sangue elevado, desenvolven trastornos asociados á senescencia moito antes que a poboación xeral, pero poden atrasar a aparición de tales desordes mediante un rigoroso control dos niveis de azucre sanguíneos. Hai evidencias de que os danos polo azucre están ligados aos danos oxidantes nun proceso denominado ''[[endoproduto de glicación avanzada|glicoxidación]]''.
 
Os radicais libres poden danar as proteínas, [[lípido]]s ou ADN. A glicación dana principalmente as proteínas. As proteínas e lípidos danados acumúlanse en [[lisosoma]]s como [[lipofuscina]]. Os danos químicos en proteínas estruturais poden orixinar a perda de función; por exemplo, danos ao [[coláxeno]] das paredes dos [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]] podepoden causar o endurecemento da parede dos vasos e, así, a [[hipertensión arterial]], e o engrosamento da parede dos vasos sanguíneos e a formación de teidostecidos reactivos ([[aterosclerose]]); proceossprocesos similares nos [[ril]]es poden orixinar [[insuficiencia renal]]. Os danos que afectan aos [[encima]]s reducen a funcionalidade celular. A peroxidación dos lípidos da [[membrana mitocondrial interna]] reduce o [[potencial eléctrico]] e a capacidade de xerar enerxía. Probablemente non é casual que case todas as denominadas "[[enfermidades de envellecemento acelerado]]" débensese deban a defectos en encimas de [[reparación do ADN]].
 
Pénsase que o [[impacto de alcohol sobre o envellecemento]] pode ser en parte explicadoexplicarse pola activación polo alcohol do [[eixe hipotalámico-hipofisario-adrenal]], o cal estimula a secreción de [[glicocorticoide]]s, e a exposición a longo prazo a eles produce síntomas de envellecemento.<ref>{{Cite journal|author1=Spencer RL |author2=Hutchison KE |title=Alcohol, aging, and the stress response |journal=Alcohol Research & Health |volume=23 |issue=4 |pages=272–83 |year=1999 |pmid=10890824 |url=http://pubs.niaaa.nih.gov/publications/arh23-4/272-283.pdf}}</ref>
 
=== Teoría dos danos no ADN ===