Coala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Furado (conversa | contribucións)
https://www.environment.gov.au/biodiversity/threatened/species/koala
Liña 41:
Os coalas habitan en zonas abertas de bosques de [[eucalipto]]s, e as follas destas árbores conforman a maioría da súa dieta. Xa que esta dieta fornece un contido limitado de nutrientes e calorías, os coalas levan unha vida sedentaria e adoitan durmir unhas 20 horas ó día. Son animais sociais e os lazos familiares existen só entre as nais e as crías que dependen delas. Os machos adultos comunícanse por medio de fortes ruxidos que intimidan ós rivais e atraen ás femias. Os machos tamén marcan a súa presenza por medio de secrecións usando unhas glándulas que teñen no peito. Sendo marsupiais, as crías nacen sen estar aínda desenvolvidas por completo e sóbense ó [[marsupio]] das súas nais, onde permanecen durante os primeiros seis ou sete meses de vida. Estas crías destétanse por completo cando chegan ó ano de idade. Os coalas teñen poucos predadores naturais e padecen de poucos [[parasito]]s, pero si son vulnerables a diversos [[patóxeno]]s como as bacterias da familia [[Chlamydiaceae]] e o [[retrovirus coala]] así como ós incendios e secas.
 
Existen probas de que os [[aborixes australianos]] xa cazaban estes animais, que tamén aparecen na mitoloxía aborixe así como en [[pintura rupestre|pinturas rupestres]] que datan de varios miles de anos. O primeiro encontro rexistrado entre os [[Europa|europeos]] e un coala tivo lugar no ano 1798, e o naturalista [[George Perry]] publicou a primeira imaxe destes animais en 1810. O botánico [[Robert Brown]] foi o autor da primeira descrición científica detallada da especie en 1814, aínda que esta non se publicou ata 180 anos despois. O artista [[John Gould]] ilustrou e realizou tamén unha descrición do coala, e outros científicos [[Inglaterra|ingleses]] publicaron máis detalles da bioloxía deste animal no [[século XIX]]. Por mor da súa aparencia característica, o coala está recoñecido mundialmente como un [[símbolos nacionais de Australia|símbolo nacional de Australia]]. Esta especie está listada como "Vulnerable" na clasificación da [[IUCN]], e o goberno australiano tamén declarou as poboacións de Queensland e, Nova Gales do Sur e o [[Territorio da Capital Australiana|distrito da Capital]] como especie vulnerable. Nos comezos do [[século XX]] este animal cazábase en grandes cantidades pola súa pelaxe, e os sacrificios a grande escala que tiveron lugar en Queensland deron como resultado un escándalo público que iniciou un movemento a prol da protección da especie. Grazas a isto establecéronse diversos santuarios animais e leváronse a cabo esforzos para repoboar rexións nas que as poboacións de coala estaban fragmentadas ou reducidas.
 
== Etimoloxías ==