Diferenzas entre revisións de «Celtiberos»

m
inclusión de mapa
Sem resumo de edição
m (inclusión de mapa)
O termo '''''celtiberos''''' acostuma usarse para as tribos [[celtas]] ou celtizadas da [[Península Ibérica]], así como os idiomas que estes grupos falaban, aínda que en realidade o termo celtibero se refire unicamente a un dos pobos célticos da Península Ibérica, existindo outros con outros nomes ([[vetóns]], [[vacceos]], [[lusitanos]], [[carpetanos]] etc.). Este pobo celtibero habitaba no [[oeste]] da [[Cordilleira Ibérica]]<ref>Os romanos chamábanlles ''Idoubeda''</ref>. Os [[Imperio Romano|romanos]] considerábanos unha mestura de celtas e [[iberos]]<ref>[[Marcial]] no século I&nbsp;d.&nbsp;C., así os consideraba nun dos seus [[epigrama]]s, ''"¿por que me chamas irmán a min, que descendo de celtas e de iberos e son cidadán do Teixo?"''. [[s:Epigramas (Marcial)|Ver: Epigramas de Marco Valerio]]</ref>, diferenciándose así dos seus veciños, tanto dos celtas da meseta como dos iberos da costa. Hoxe sábese que os celtiberos foron un pobo de lingua e cultura celta.
 
== Historia ==[[Ficheiro:Noroeste Hispania.jpg|miniatura|300px|NoresteNorleste de Iberia.]]
As primeiras referencias escritas sobre os mesmos débense a xeógrafos e historiadores grecolatinos ([[Estrabón]], [[Tito Livio]], [[Plinio o Vello|Plinio]] e outros), aínda que o seu estudo, que arrinca do [[século XV]], non adquire rango científico ata os inicios do [[século XX]] (marqués de Cerralbo, Schulten, Taracena, Caro Baroja etc.), cobrando renovado impulso nos últimos anos ([[Wenceslas Kruta]]). Pese a este excepcional acervo literario, aínda hoxe se discuten aspectos fundamentais para a súa definición: os confíns do seu solar, a súa verdadeira personalidade ou a súa propia xenealoxía.
 
32.447

edicións