Sarcómero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:sarcomere.gif |miniatura|dereita|300px|Sarcómero.]]
Un '''sarcómero''' (do grego ''sárx'' = "'carne",' e ''méros'' = "'parte"') é a unidade básica funcional dun [[músculo]]. Os músculos están compostos por células musculares chamadas [[miocito]]s ou [[fibra muscular|fibras musculares]]. As células musculares conteñen [[miofibrila]]s formadas por proteínas filamentosas das que depende a contracción muscular. Nas fibras musculares estriadas as miofibrilas están organizadas formando unha sucesión de sarcómeros, que, por tanto, son agrupacións ordenadas de miofibrilas dentro da fibra muscular. Os sarcómeros vistos ao microscopio teñen o aspecto de bandas escuras e claras. As proteínas do sarcómero esvaran unhas sobre outras durante a contracción muscular, de modo que a lonxitude do sarcómero diminúe (e na relaxación aumenta).
 
As principais proteínas que forman os sarcómeros son a [[miosina]], que constitúe os filamentos grosos, e a [[actina]], que forma os finos. A miosina ten unha cola longa e fibrosa e unha cabeza globular, pola que se une á actina. A cabeza da miosina tamén se une ao [[adenosina trifosfato|ATP]], que é a fonte de enerxía para o movemento muscular. A miosina só pode unirse á actina cando os sitios de unión da actina están expostos ao ión calcio.
 
As moléculas de actina están unidas entre si na liña Z do sarcómero, que forma os bordos do sarcómero. No sarcómero relaxado aparecen diversas bandas claras e escuras.<ref name="Campbell">{{cita libro|título=Biology|ano=2002|autor=Reece, Jane; Campbell, Neil|editor=Benjamin Cummings|location=San Francisco|pages=|isbn=0-8053-6624-5}}ISBN 0-8053-6624-5
{{cita libro
|autor=Reece, Jane; Campbell, Neil
|título=Biology
|editor=Benjamin Cummings
|location=San Francisco
|ano=2002
|pages=
|isbn=0-8053-6624-5
}}ISBN 0-8053-6624-5
</ref>
Liña 22 ⟶ 13:
[[Ficheiro:Sarcomere.svg|300px|miniatura|dereita|Modelo de filamentos esvarantes da contracción muscular.]]
Os sarcómeros son os que lle dan ao [[músculo esquelético]] a súa aparencia microscópica estriada.
* O sarcómero defínese como o segmento entre dúas liñas Z veciñas (ou discos Z ou corpos Z). Nas micrografías electrónicas do músculo estriado esquelético, a '''liña Z''' (do alemán "Zwischenscheibe", ''o disco entre'' as bandas I) aparece como unha serie de liñas escuras.<ref name="Fawcett">D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 277-278, 283-285. ISBN 84-7605-361-4.</ref>
* A ambos os lados da liña Z hai unha rexión chamada '''banda I''' (I de ''[[isótropa]]''). A banda I é a zona de filamentos delgados que non están superpostos a filamentos grosos, polo que nela só hai filamentos delgados de actina.<ref name=Fawcett/> A banda I dun sarcómero continúase coa banda I do seguinte sarcómero.
* Despois da banda I está a '''banda A''' (A de ''[[anisótropa]]'', debido ás súas propiedades no microscopio de polarización). Unha banda A comprende toda a lonxitude dun filamento groso de miosina.<ref name=Fawcett/>
Liña 58 ⟶ 49:
 
==Estrutura comparativa do sarcómero==
A estrutura do sarcómero afecta á súa función de diversos xeitos. O solapamento da actina e a miosina dá lugar á curva lonxitude-tensión da contracción, que mostra como a forza do sarcómero decrece se o músculo se estira (para que se poidan formar poucas pontes cruzadas) ou se comprime (ata que os filamentos de actina interfiren uns con outros). A lonxitude dos filamentos de actina e miosina (medidos en conxunto como a lonxitude do sarcómero) afecta á forza e velocidade da contracción, e os sarcómeros máis longos forman máis pontes cruzadas e deste modo teñen máis forza, pero teñen un rango reducido de acortamentoacurtamento. Os [[vertebrado]]s presentan un rango moi limitado de lonxitudes do sarcómero, que teñen aproximadamente a mesma lonxitude óptima (lonxitude no pico lonxitude-tensión) en todos os músculos dun individuo e entre distintas especies. Os [[artrópodo]]s, porén, presentan enormes variacións (ata de sete veces) na lonxitude dos sarcómeros, tanto entre distintas especies coma entre músculos dun mesmo individuo. A razón desta falta de variabilidade na lonxitude dos sarcómeros dos vertebrados non se coñece ben.
 
==Notas==