Senescencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 46:
Como se dixo anteriormente, a senescencia non é universal. Antes pensábase que a senescencia non ocorría en [[organismo unicelular|organismos unicelulares]] que se reproducen por [[mitose]].<ref>{{Cite journal|author1=Gavrilov LA |author2=Gavrilova NS |title=The reliability theory of aging and longevity |journal=Journal of Theoretical Biology |volume=213 |issue=4 |pages=527–45 |date=December 2001 |pmid=11742523 |doi=10.1006/jtbi.2001.2430}}</ref> Pero as investigacións recentes debuxan un panorama máis complexo. Unha célula pode acumular danos relacionados coa idade. Na mitose os residuos non son repartidos equitativamente entre as células fillas, senón que pasan a unha das células deixando a outra limpa. Co paso de sucesivas [[xeración]]s a poboación celular convértese nun mosaico de células a metade das cales non envelleceron e o resto ten diversos graos de senescencia.<ref>{{cite journal |author=Stephens C |title=Senescence: even bacteria get old |journal=Curr. Biol. |volume=15 |issue=8 |pages=R308–10 |date=April 2005 |pmid=15854899 |doi=10.1016/j.cub.2005.04.006 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0960-9822(05)00377-5}}</ref>
 
Ademais, a senescencia celular non se observa en todos os organismos, incluíndo as plantas [[perenne]]s, [[porifera|esponxa]]s, [[coral (animal)|corais]], e [[lagosta (crustáceo)|lagostas]]. Nas especies nas que se observa senescencia celular, as células finalmente convértense en posmitóticas cando xa non se poden replicar por medio de mitose; é dicir, as células experimentan ''senescencia replicativa''. Investigouse e especulouse moito sobre como e por que algunhas células se fan posmitóticas nalgunhas especies, e tense suxerido que a senescencia celular evolucionou como un mecanismo para impedir o comezo e espallamento do [[cancro]]. As [[célula somática|células somáticas]] que se dividiron moitas veces, acumulan mutacións no ADN e están en perigo de converterse en cancerosas se as divisións celulares continúan. Parece que as células senescentes sofren unha conversión a células cun fenotipo inmunoxénico que permite quque sexan eliminadas polo [[sistema inmunitario]].<ref>{{cite journal | last1 = Burton | last2 = Faragher | year = 2015 | title = Cellular senescence: from growth arrest to immunogenic conversion | url = | journal = AGE | volume = 37| issue = | page = | doi = 10.1007/s11357-015-9764-2 }}</ref>
 
Ultimamente, o papel dos [[telómero]]s na senescencia celular espertou grande interese, especialmente en relación cos posibles efectos adversos xenéticos da [[clonación]]. O sucesivo acurtamento dos telómeros dos [[cromosoma]]s en cada [[ciclo celular]] tamén se cre que limita o número de divisións da célula, o que contribúe ao envellecemento celular. Algunhas células non envellecen e dise que son "[[inmortalidade biolóxica|bioloxicamente inmortais]]". Algúns teorizan que se se descobre cal é a causa exacta que permite a estas células dividirse sen límite, sería posible alterar xeneticamente outras células para que tivesen a mesma capacidade, e isto podería teoricamente aplicarse, mediante [[terapia xénica]], para parar ou reverter o envellecemento, facendo as células e, potencialmente ao organismo enteiro, inmortais.