Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Escríbese "dó" para a nota musical.
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 73:
Nesta época a súa reputación como reparador de órganos xa estaba consolidada, e grazas ao seu coñecemento detallado deste complexo instrumento que adquirira da súa familia e nas súas estadías en Ohrdruf e Lüneburg, con 18 anos xa tiña garantida unha actividade profesional. Con todo, o seu contrato non contemplaba a creación e interpretación de obras. A pesar das boas condicións contractuais, o tempo que pasou en Arnstadt non foi de todo exitoso. Bach obsesionouse co órgano, feito que non lle impediu compoñer, e negouse a ensaiar cos nenos do coro da escola (algo que non estaba tampouco entre as súas funcións). Amais, no verán de [[1705]] tivo un conflito a raíz dunha liorta co [[fagot]]ista Geyersbach, ao cal Bach insultara.<ref name="RBA1"/><ref name="arnstadt">{{Cita web |url=http://www.let.rug.nl/Linguistics/diversen/bach/arnstadt.html |título=Arnstad 1703-1707 |editorial=Universidade de Groningen |dataacceso=22 de decembro de 2014 |lingua=inglés}}</ref>
[[Ficheiro:Imagebuxtehude.jpg|miniatura|esquerda|Dietrich Buxtehude foi unha das principais influencias das primeiras obras de Johann Sebastian Bach.]]
En outubro de 1705 obtivo unha licenza dun mes para poder ir a [[Lübeck]] e escoitar ao famoso [[Dietrich Buxtehude]], o máis destacado organista do norte de Alemaña, e os concertos vespertinos que el dirixía na época entre a festa da Trindade e a do Advento, e fixo a pé o traxecto de máis de 350&nbsp;km. Durante o tempo que permaneceu na cidade posiblemente participara nos concertos, e estudara con Buxtehude. A súa visita debeu ser proveitosa, xa que, a pesar de ter que pagar a súa manutención e a súa substitución en Arnstadt (foi o seu primo Johann Ernst o que o substituíu), non volveu ata xaneiro de [[1706]], e de inmediato revelouse a influencia do mestre no seu xeito de acompañar os [[himno]]s, con pasaxes virtuosísticas e unha grande elaboración [[contrapunto|contrapuntística]], o que non deixou de despertar protestas entre a congregación que, perplexa, estaba acostumada aos acompañamentos simples. Este non foi o único dos problemas aos que se enfrontou Bach. Foi censurado polo [[consistorio]] pola súa longa ausencia e por aquelas "escandalosas" liberdades e improvisacións ao órgano que confundían aos fieis. Tendo que acatar as ordes, pouco despois foi censurado por facer os acompañamentos demasiado curtos. Ademais diso, o coro de nenos que tiña de dirixir era todo menos competente e dócil, rexistrándose varios episodios de enfrontamentos e altercados violentos, incluído unha loita con espada, a pesar das repetidas reclamacións e solicitudes de Bach por medidas para mellorar a situación. Por se non fora pouco, Bach foi acusado de entrar na adega durante os sermóns e de facer música cunha "estraña criada" na igrexa, que a maioría dos biógrafos identifican coa súa prima segunda e posterior esposa Maria Barbara, que durante algún tempo antes de casar viviu na mesma casa que o compositor. Logo volveuse claro para el que non podería permanecer en Arnstadt muito máis tempo. Aparentemente o derradeiro punto de discordia foi a reprimenda que recibiu por acompañar ao órgano a unha doncela cantante -presumiblemente—presumiblemente Maria Barbara-Barbar— nunha ocasión na que a igrexa estaba baleira.<ref name="arnstadt"/><ref name="Britannica">{{Cita enciclopedia|url=http://www.britannica.com/EBchecked/topic/47843/Johann-Sebastian-Bach|título=Johann Sebastian Bach|enciclopedia=Encyclopædia Britannica|lingua=en|apelidos=Marshall|nome=Robert L.|data=13 de maio de 2015}}</ref><ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=34-39|rexistro=si}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.classical.net/music/comp.lst/buxtehude.php |título=Dietrich Buxtehude (1637 - 1707) |páxina-web=classical.net |dataacceso=22 de decembro de 2014 |lingua=en}}</ref>
 
As súas obras deste período demostran que aprendera todo o que os seus antecesores alemáns podían terlle ensinado e chegou a unha primeira síntese dos estilos do norte e do sur de Alemaña. Entre as poucas obras que se lle poden atribuír nesta etapa están o ''Capriccio sopra la lontananza del suo fratello dilettissimo'' [[BWV]] 992, o [[preludio coral]] ''Wie schön leuchtet der Morgenstern'' BWV 739, e unha primeira versión, fragmentaria, do ''Preludio e Fuga en Sol menor'' BWV 535a.<ref name="Britannica"/> Nesta etapa da súa vida tamén se dedicou a facer versións das obras dos principais compositores italianos da época, como [[Arcangelo Corelli]] ou [[Tommaso Albinoni]].<ref name="RBA1"/>
Liña 92:
[[Ficheiro:Wilhelm Ernst, Herzog von Sachsen-Weimar-Eisenach.jpg|miniatura|esquerda|O duque Wilhelm Ernst; abaixo, imaxe de Weimar, c. 1713.]]
 
Organista aplaudido, apoiado polo seu xefe e ben pagado, a súa vida estaba nunha fase exitosa, animada pola chegada dos seus primeiros fillos: Catharina Dorothea (1708–17741708-1774), [[Wilhelm Friedemann Bach|Wilhelm Friedemann]] (1710–841710-84) e [[Carl Philipp Emanuel Bach|Carl Philipp Emanuel]] (1714–881714-88), algúns dos cales tiveron famosos padriños, como é o caso de [[Georg Philipp Telemann]], amigo da familia e que foi padriño de Carl Philipp. Os dous últimos chegarían a converterse en compositores importantes, especialmente Carl Philipp. Con todo, a morte dos xemelgos que Maria Barbara dera a luz en 1713 empanou os bos momentos que estaba a vivir a familia.
 
Tamén ensinaba aos sobriños do duque e desenvolveu unha estreita amizade con outro excelente músico da cidade, o seu medio parente [[Johann Gottfried Walther]], organista, compositor e [[lexicografía|lexicógrafo]] musical. Outras relacións amigables que trabou foron co vicedirector do ''Gymnasium'' de Weimar, [[Johann Matthias Gesner]], e co famoso compositor [[Georg Philipp Telemann]], que residía en [[Frankfurt]]. Do mesmo xeito, algúns alumnos talentosos estimulaban a súa vocación como profesor, estando entre eles un dos sobriños do duque, Johann Ernst, e mais [[Johann Tobias Krebs]], [[Johann Martin Schubart]] e [[Johann Caspar Vogler]], ademais dos seus propios fillos.<ref name="wei2"/><ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=51-53}}</ref>
Liña 98:
Desgraciadamente, o desenvolvemento de Bach non se pode rastrexar con detalle durante os anos 1708-14, período no que o seu estilo sufriu un profundo cambio. Existen poucas obras que se poden datar con seguridade. Unha serie de cantatas escritas en 1714-16, emporiso, revelan que sufriu a decisiva influencia da [[ópera]] italiana e das innovacións introducidas na música concertante levada a cabo por compositores italianos como [[Vivaldi]], abrindo a súa obra a estruturas moito maiores e afectando á súa escrita vocal. Probablemente, pola súa anterior proximidade co duque [[Johann Ernst von Sachsen-Weimar-Eisenach|Johann Ernst]], que fora á súa vez un avezado músico e admirador da música italiana, Bach tería estudado as obras de [[Antonio Vivaldi]] e [[Arcangelo Corelli]], entre outros compositores italianos, asimilando deste xeito o seu dinamismo e a súa emotividade harmónica, transcribindo as súas obras e aplicando ditas cualidades ás súas propias composicións, que á súa vez eran interpretadas pola orquestra do duque Wilhelm Ernst. Este período foi moi frutífero, especialmente no que respecta á música para órgano, compoñendo as súas grandes obras para órgano en Weimar. Entre as obras compostas en Weimar salientan: a meirande parte das pezas do ''[[Orgelbüchlein]]'' (Pequeno Libro de Órgano), case todos os chamados 18 "Grandes" [[preludio]]s corais, os tríos máis antigos para órgano e a maioría dos preludios e [[fuga]]s para órgano, malia que é ''[[Das wohltemperierte Klavier]]'' o maior exemplo de entre todas as súas composicións deste período. Con todo, a composición de cantatas non foi descoidada, xa que o seu novo cargo o obrigaba a compoñer unha cantata ao mes.<ref name="Britannica"/><ref name="wei2"/> No ambiente familiar comezou a escribir a obra ''Orgelbüchlein'' para o seu fillo maior Wilhelm Friedemann, unha obra didáctica que deixou inconclusa.
 
O traballo de Bach en Weimar rematou dun xeito un pouco dramático. Dende que o compositor se achegara ao co-rexentecorrexente Erns August, o outro duque, Wilhelm Ernst, prohibiulle que realizara calquera servizo musical para o seu rival. Bach negouse a obedecer e foi rexeitado para o posto de mestre de capela logo da morte de [[Johann Samuel Drese]] o [[1 de decembro]] de [[1716]], posto que finalmente sería para o fillo de Drese, [[Johann Wilhelm Drese|Johann Wilhelm]], a pesar de ser incompetente para o cargo e de que, de acordo co costume, o nomeado debía ser Bach. Bach, ofendido, detivo a súa composición de cantatas ese ano. Aínda que Bach causou unha grande impresión en [[Leopold von Anhalt-Köthen]] coa música que compuxo para a voda da súa irmá, chegándolle unha oferta de traballo cun salario substancialmente máis elevado que en Weimar (posto para o que finalmente sería confirmado en agosto de [[1717]]), Wilhelm Ernst rexeitou que Bach partira para traballar para o cuñado do seu rival. Quizais esta negativa viñera en parte a causa da amizade do compositor cos seus dous sobriños, cos que o duque estaba nas peores condicións. Logo de varias solicitudes de exención, que irritaron ao seu patrón, Wilhelm Ernst arrestou ao compositor e meteuno preso durante pouco menos dun mes (do 6 de novembro ao 2 de decembro) antes de liberalo cunha notificación de "exoneración indecorosa". Poucos días despois Bach mudouse a Köthen.<ref name="Britannica"/><ref name="wei2"/><ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=55-57}}</ref>
 
=== Köthen (1717-1723) ===
Liña 112:
O [[3 de decembro]] de [[1721]] Bach casou novamente con [[Anna Magdalena Wilcken]],<ref name="Britannica"/> unha cantante profesional coa que xa estivera traballando durante máis dun ano, á cal lle dobraba a idade, e que tamén estaba empregada na corte.<ref name="Smith2"/><ref name="kothen2">{{Cita web |url=http://www.let.rug.nl/Linguistics/diversen/bach/koethen2.html |título=Köthen 1717-1723. Part 2 (1720-1723) |editorial=Universidade de Groningen |dataacceso=18 de xaneiro de 2015 |lingua=inglés}}</ref> Anna era filla dun [[trompeta|trompetista]] de Weissenfels, e con ela tería 13 fillos. O pouco tempo transcorrido entre a morte da súa primeira muller e o seu casamento con Anna Magdalena, deixa a incógnita de cando comezou a súa relación de parella, e explicaría o resentimento dos fillos do seu primeiro matrimonio, que despois da morte de seu pai en 1750 deixarían soa a Anna Magdalena.<ref name="kothen2"/>
 
O seu paraíso chegou á súa fin cando o príncipe casou, poucos días despois (o [[11 de decembro]] de 1721), coa súa prima [[Friederica Henrietta von Anhalt-Bernburg]], quen se convertería na máis famosa musa (anti-musicalantimusical) da historia da música. A princesa, segundo o propio Bach, non tiña ningún interese na música e atraeu a maior parte da atención do seu home, facendo que Bach comezase a sentirse esquecido, malia que os estudios modernos revelan que Leopold tiña que contribuír cada vez máis aos militares [[prusia]]nos, polo que tiña menos cartos para a música, feito que se apoia na morte de Friederica antes da saída de Bach cara a Leipzig.<ref name="Britannica"/><ref name="kothen2"/> Deixando a parte as causas do declive musical de Köthen, Bach solicitara tres veces outro posto dende 1720. De feito, xa un ano antes do matrimonio de Leopold e Friederica, Bach presentárase ao posto de organista na [[Jacobikirche (Hamburgo)|Jacobikirche]] de [[Hamburgo]]. Logo de realizar un concerto no que impresionou ao case centenario [[Jan Adam Reinken]], ofrecéuselle o posto, mais Bach rexeitou pagar unha suma considerable para os fondos da igrexa e o traballo foi para outra persoa. Outro feito apunta a que Bach se encontraba buscando outro traballo, a composición dos ''Concertos de Brandenburgo'', compostos para o [[margrave]] [[Christian Ludwig von Brandenburg-Schwedt]]. Outra teoría que explicaría a marcha de Köthen apunta a que Bach quería volver escribir música sacra, aínda que esta hipótese parece pouco probable.<ref name="kothen2"/>
 
El tamén tiña que pensar na educación dos seus fillos máis maiores, e despois de que o posto de Kantor en [[Leipzig]], unha cidade universitaria, quedara vacante coa morte de [[Johann Kuhnau]] o [[5 de xuño]] de [[1722]], Bach fixo unha solicitude para ser admitido. Acabou sendo rexeitado e o cargo ofrecido a [[Georg Philipp Telemann|Telemann]] (daquela director musical en Hamburgo), que declinou a oferta, e entón ofreceuse a [[Christoph Graupner]]. Como Graupner non estaba seguro de que puidera aceptar, Bach realizou a súa audición presentando a cantata n º 22, ''Jesu nahm zu sich die Zwölfe'' o [[7 de febreiro]] de [[1723]]. Graupner non foi liberado das súas obrigas na corte de [[Darmstadt]], e Bach foi entón aceptado na que era a súa terceira opción para cambiar de traballo. Aínda que a princesa de Köthen tiña falecido o [[4 de abril]], Bach xa estaba tan comprometido con Leipzig que solicitou a súa dimisión, obténdoa o [[13 de abril]]. Un mes despois tomaría o seu posto en Leipzig, aínda que seguiu traballando para o seu príncipe como mestre de capela ata a morte deste en [[1728]] aos 33 anos.<ref name="Britannica"/><ref name="kothen2"/>
Liña 155:
Johann Sebastian Bach era membro da gran familia dos Bach, orixinaria de Turinxia, que no transcurso de seis xeracións, dende aproximadamente [[1560]] ata o [[século XIX]], produciu un gran número de bos músicos, algúns deles célebres.<ref name="grout"/> Bach elaborou unha xenealoxía en torno a [[1735]], titulada ''Ursprung der musicalisch-Bachischen Familie'' (en [[lingua galega|galego]] ''Orixe da familia musical Bach''), buscando a historia das xeracións dos músicos de sona da súa familia.<ref>Impresa traducida en {{cita Harvard|sp=si|Mendel|David|Wolff|1998|p=283}}</ref>
 
Johann Sebastian Bach encabezou unha familia numerosa cun total de vinte fillos, nacendo a primeira filla cando o compositor tiña 23 anos, e a súa última filla cando contaba con 57 anos. Bach tivo coa súa primeira esposa sete fillos, mais tan só catro sobreviviron, e destes, dous fixeron carreira musical destacada: [[Wilhelm Friedemann Bach|Wilhelm Friedemann]] (1710–17841710-1784) e [[Carl Philipp Emanuel Bach|Carl Philipp Emanuel]] (1714–17881714-1788). Da súa segunda esposa naceron trece fillos máis, dos cales sobreviviron cinco,<ref name="wolffIIp177P179" >{{Cita libro |nome=Christoph |apelidos=Wolff |título=Bach, el músico sabio. Tomo II: la Madurez del genio |páxinas=177-179 |ano=2003 |editorial=Robinbook |isbn=84-95601-81-8 |lingua=castelán}}</ref> e destes [[Gottfried Heinrich Bach|Gottfried Heinrich]] (1724–17631724-1763), [[Johann Christoph Friedrich Bach|Johann Christoph Friedrich]] (1732–17951732-1795) e [[Johann Christian Bach|Johann Christian]] (1735 - 1782) foron tamén músicos de talento. Tres fillas chegaron a idade adulta: Elisabeth Juliane Friederica (1726-1781) que se casou co alumno de Bach [[Johann Christoph Altnikol]], Johanna Carolina (1737-1781) e Regina Susanna (1742-1809).<ref name="Wolff98111">{{cita Harvard|sp=si|Wolff|1983|pp=98-111}}</ref> A súa primeira esposa foi a súa prima segunda, [[Maria Barbara Bach]] (1684-1720), coa que casou en 1707, mentres que a súa segunda esposa foi a cantante [[Anna Magdalena Bach|Anna Magdalena Wilcke]] (1701-1760), coa que contraeu matrimonio en 1721.
 
Os catro fillos de Bach que tiveron éxito como compositores seguiron camiños distintos, que o seu pai prediría dicindo que a música de Carl Philipp Emmanuel: "É do azul de Prusia, que cambia de cor",<ref name="Temoins">''Bach'', « Les témoins d'une vie », Hachette, 1985.</ref> ou a de Christian: "O meu Christian é un neno moi parvo e por esa razón terá éxito no mundo".<ref name="Temoins"/> Todos eles lanzáronse rapidamente ao camiño da corrente preclásica que xurdiu a finais do barroco.
Liña 177:
{{Artigo principal|Lista de composicións de Johann Sebastian Bach}}
=== Visión xeral ===
Bach foi un dos máis prolíficos compositores de occidente. O número exacto das súas obras é descoñecido, mais o catálogo [[BWV]] sinala máis de mil composicións, entre elas innumerables pezas en varios movementos e para un gran número de executantes. A extensión da súa obra amósase aínda máis obvia cando se sabe que posiblemente a metade dela se perdeu ao longo do tempo. Bach era infatigable, tanto no seu estudo e copia da produción europea antiga e contemporánea - especialmente—especialmente de compositores italianos e franceses, creando unha considerable biblioteca musical privada -privada— como no seu propio traballo, nas súas funcións oficiais e nas súas numerosas peregrinacións a pé para escoitar a músicos importantes. Con modestia, unha vez declarou que calquera que se esforzase como el se esforzou conseguiría os mesmos resultados.<ref name="HH198">{{Cita Harvard|Hindley|Hopkins|1971|sp=si|p=198}}</ref>
 
As fontes do seu estudo son ben coñecidas. A primeira delas é a tradición [[polifonía|polifónica]] alemá do século XVII, que para moitos dos seus contemporáneos - adeptos—adeptos do novo "estilo galante", como tamén é chamado o [[Rococó]] - estaba xa anticuada e considerada complexa e impopular. Entre os compositores alemáns que tomou de referencia están Buxtehude, [[Reincken]], [[Nicolaus Bruhns|Bruhns]], [[Vincent Lübeck|Lübeck]], [[Georg Böhm|Böhm]], [[Johann Pachelbel|Pachelbel]], [[Adam Krieger|Krieger]], [[Johann Kuhnau|Kuhnau]], [[Friedrich Wilhelm Zachow|Zachow]], [[Johann Jakob Froberger|Froberger]] e [[Johann Kaspar Kerll|Kerll]]. Aínda que o contrapunto sexa un elemento fundamental do seu estilo, Bach conseguiu, segundo Hindley, unha notable e inigualada síntese entre a polifonía e a [[homofonía (música)|homofonía]].<ref name="Grove"/><ref name="Hindley">{{Cita Harvard|Hindley|Hopkins|1971|sp=si|pp=198-199}}</ref> Outras fontes vitais para Bach foron as producións francesas e italianas, en particular a través das obras de [[Marin Marais|Marais]], [[André Raison|Raison]], [[François Couperin|Couperin]], [[Nicolas de Grigny|Grigny]], [[Albinoni]], [[Frescobaldi]], [[Luigi Battiferri|Battiferri]] e [[Francesco Antonio Bonporti|Bonporti]].<ref name="Britannica"/><ref name="Grove"/> Amais dun gran don para a [[melodía]], as súas [[harmonía]]s son ricas, audaces e sutís, e tiña un poderoso sentido de arquitectura e forma, o que lle posibilitou construír estruturas a grande escala, cunha impresionante capacidade para controlar a evolución do discurso musical para conducilo a un clímax impactante e expresivo, moitas veces conseguido por unha sucesión acumulativa de pequenos elementos repetidos e variados.<ref name="Hindley"/> O seu interese en novos resultados sonoros quedou patente en innumerables ocasións, cando transcribiu e arranxou obras súas ou doutros compositores dun instrumento a outro moi diferente.<ref name="Butt (1992)">{{Cita audiovisual notas|apelidos=Butt|nome=John|título=Bach: Sonata Nos. 1-6|páxina=4|tipo=Libreto|ano=1992|editorial=Harmonia Mundi}}</ref>
[[Ficheiro:Bachsiegel.svg|miniatura|esquerda|160px|Monograma persoal de Bach, entrelazando as iniciais do seu nome.]]
 
Liña 290:
No campo da [[música de cámara]] se encontran algunhas das obras máis importantes de Bach. A maior parte da súa produción camerística data dos períodos de Weimar e Köthen, cando tiña a oportunidade de perfeccionar a súa técnica e estilo para pequenos grupos instrumentais. Sobreviviron un bo número de obras para varias formacións. Malia que escribiu moitas en forma de sonata a solo e [[baixo continuo]], o principal modelo de composicións de cámara empregado no seu tempo, o seu interese recaeu antes sobre a [[trío-sonata]], que lle abría máis posibilidades de experimentación. De calquera xeito, as que escribiu na primeira forma non son obras desprezables, e posúen grandes belezas. Son exemplos as sonatas para violín e continuo BWV 1021 e 1023, e as sonatas para frauta e continuo BWV 1034 e 1035.<ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=296-297, 305}}</ref>
 
A súa vea experimental levouno a tomar o modelo da trío-sonata e a introducirlle unha modificación simple, mais fundamental, atribuíndo ao teclado unha das dúas voces solistas, confiada á man dereita, mentres que a esquerda realizaba todo o baixo continuo, prescindindo dun instrumento melódico adicional para reforzar a liña do baixo, tales como os empregados frecuentemente: violoncello, viola da gamba ou fagot. Con iso adaptou unha forma orixinalmente concibida para polo menos catro instrumentos - dous—dous solistas melódicos, un teclado para recheo harmónico e un baixo melódico -melódico— a unha formación enxoita de dous executantes. Non foi el, en realidade, o inventor desa nova fórmula, mais levouna a un grao de perfección sen precedentes. Amais diso, introduciu nesta trío-sonata modificada elementos do concerto e expandiu a súa textura engadindo outras voces, sen precisar instrumentos adicionais. Pertencen a este xénero, por exemplo, as sonatas para violín e teclado BWV 1014-1019, as sonatas para frauta e teclado BWV 1030 e 1032, e a ''Sonata para viola da gamba e cravo obbligato'' BWV 1027.<ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=305-308}}</ref>
 
[[Ficheiro:Ricercare a 6 from The Musical Offering.jpg|miniatura|esquerda|Manuscrito do ''Ricercare a seis voces'' da ''Musikalisches Opfer''.]]
 
As súas obras de cámara máis importantes son dúas coleccións realizadas nos seus últimos anos de vida. A primeira é a ''[[Musikalisches Opfer]]'' BWV 1079. O conxunto naceu na súa visita ao rei [[Federico II de Prusia]] en [[1747]], cando o rei deu ao compositor un suxeito de fuga para que improvisase ao ser redor. Bach tocou entón, diante do monarca, nun pianoforte, o que veu a ser coñecido como o ''Ricercare a 3'' da colección, prometendo mandalo imprimir. De regreso na súa casa de Leipzig, Bach escribiu non só a obra prometida, senón unha serie de pezas: dez [[canon (música)|canons]], dous [[ricercare]]s e unha trio-sonata nas formas tradicionais, todas a partir do mesmo tema rexio. A partitura que foi finalmente publicada e ofrecida ao rei, porén, mostra sinais evidentes de ter sido elaborada ás presas, e contén soamente parte do conxunto actualmente coñecido. O restante foi impreso como suplemento máis tarde. O manuscrito orixinal non sobreviviu, a excepción dunha versión antiga do ''Ricercare a 6''. Diso, e dos erros da versión impresa, deriva a gran confusión que ata hoxe reina entre os estudosos, principalmente ao respecto da orde das pezas e da instrumentación que Bach pretendía para o conxunto. O primeiro aspecto é o máis problemático e xa deu orixe a unha considerable bibliografía especulativa. Sobre o segundo hai menos dúbidas, xa que para a trio-sonata deixou indicación específica - frauta—frauta, violín e baixo continuo -continuo— e para un dos ricercares tamén - dous violíns—dous -violíns— o que fai supoñer que todo o conxunto pode ser executado por un grupo de frauta, dous violíns e continuo formado por cravo e viola da gamba. A ''Musikalisches Opfer'' é en síntese unha selección de variacións sobre o tema rexio, de insólita forza expresiva, traballada de varios xeitos contrapuntísticos eruditos, tales como o movemento retrógrado, a aumentación, o ''cantus firmus'' e outras, incluíndo dous "canons enigmáticos", nos que Bach non deu indicacións de entrada das voces sucesivas, ficando a decisión a cargo do intérprete. A peza central da colección é a trío-sonata, que segue o modelo da [[sonata da chiesa]], con catro movementos e ricas texturas contrapuntísticas.<ref>{{Cita audiovisual notas|páxinas=1-2|autor=Kohlhase|nome=Thomas|lingua=de|título=Musikalisches Opfer Musical offering / J. S. Bach|tipo=Libreto|editorial=Archiv Produktion|id=0ADAD|ano=1974}}</ref><ref>{{cita Harvard|sp=si|Wolff|1991|pp=239-258}}</ref>
{{son
|header=
Liña 304:
| formato2 = [[Ogg]]
}}
A outra é ''[[Die Kunst der Fuge]]'' BWV 1080, a última grande obra do mestre, escrita en 1749 e publicada despois da súa morte de modo neglixente. Contén cerca de vinte fugas e canons, chamados ''contrapuncti'', todos derivados dun mesmo tema, onde se aplican as máis variadas formas de contrapunto erudito. O número exacto de pezas varía segundo a edición, algunhas veces dúas ou máis pezas están agrupadas sobre unha mesma entrada. Antigamente ''Die Kunst der Fuge'' era considerada principalmente un manual de contrapunto avanzado, mais hoxe é vista como unha das máis importantes creacións da música occidental, a suma da técnica contrapuntística únese a unha substancia do máis alto valor. A edición orixinal é desorganizada e deu orixe a unha continua controversia sobre a orde dos números e a súa instrumentación, amais do seu contido musical servir de pretexto a innumerables elaboracións hipotéticas sobre o seu significado, sen que se chegase a unha conclusión definitiva. A última peza, unha xigantesca fuga tripla, foi deixada inconclusa; o tema que unifica o restante do conxunto non aparece, mais xa se demostrou que os tres temas presentes - un—un deles usando as notas B-A-C-H<ref group="nota">Na [[notación musical|notación]] alemá estas catro notas se corresponden co si bemol, la, do e si</ref> - poden ser combinados co tema ausente. Un testemuño de Mizler confirma a idea de que a peza debía ser unha fuga cuádrupla, e segundo el, Bach pretendía compoñer outra fuga cuádrupla que podería ser invertida. A instrumentación preséntase como outro problema; posiblemente, de acordo con Geiringer, foi concibida como música para teclado só, mais a execución cun grupo de cámara parece ser máis efectiva. Iso susténtase no feito de que as dúas fugas-espello teñen unha [[tesitura]] máis aló do alcance dun teclista.<ref>{{Cita libro|url=http://books.google.com/books?id=TMdf1SioFk4C&pg=PA61|apelidos=Apel|nome=Willi|título=Harvard Dictionary of Music|lingua=en|páxinas=60-61|editorial=Harvard University Press|ano=1969|isbn=9780674375017}}</ref><ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=330-336}}</ref>
 
=== Música orquestral ===