Tiburóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
Caracterízanse por seren grandes [[depredación|predadores]] mariños cun [[esqueleto]] [[Tecido cartilaxinoso|cartilaxinoso]], múltiples [[galada]]s (xeralmente cinco) a ambos os lados ou debaixo da cabeza, dentículos dérmicos cubrindo o corpo e varias ringleiras de dentes substituíbeis na boca. Porén, existen excepcións a estas características, en especial no que se refire a "grande", "mariño" e "predador".
 
Os tiburóns inclúen dende [[especie]]s pequenas das profundidades mariñas, até o [[tiburón balea]], o maior dos peixes, que pode chegar a 18 m de lonxitude e se alimenta soamente de [[plancto]]. O [[tiburón touro]] pódese desprazar a ríos e lagos de auga doce e algúns [[Ataque de tiburón|ataques a humanos]] aconteceron en ríos. Algunhas das especies maiores, en especial o [[marraxo azul]] e o [[tiburón branco]], son [[endotermos]] parciais, capaces de manteren a súa temperatura corporal por riba da do medio acuático no que viven.
 
Das máis de 375 especies de tiburóns encontradas nos océanos do mundo, só unhas 30 atacaron algunha vez a seres humanos. As especies responsábeis da maioría destes [[Ataque de tiburón|ataques non provocados a humanos]] son o [[tiburón branco]], o [[tiburón tigre]] e o ''Carcharhinus leucas''.
 
== Anatomía ==