Berkeley Software Distribution: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
corrixo lingua
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Berkeley}}
'''BSD''' son as siglas de '''Berkeley Software Distribution''' (Distribución de Software Berkeley). Utilízanse para identificar un tipo de [[sistema operativo]] derivado do [[UNIX]] nado a partir das aportaciónscontribucións realizadas a ese sistema pola [[Universidade de California, Berkeley|Universidade de Berkeley]] en [[California]].
 
== Historia ==
Nos primeiros anos do sistema UNIX, os seus creadores, os [[Laboratorios Bell]] da compañía [[AT&T]], autorizaron á Universidade de California en Berkeley e a outras universidades a utilizar o [[código fonte]] e adaptalo as súas necesidades. Durante a década dos [[anos 1970|setenta]] e dos [[anos 1980|oitenta]] Berkeley utilizou o sistema para as súas pescudas e investigacións en materia de sistemas operativos. Cando AT&T retirou o permiso de uso á universidade por motivos comerciais, a universidade promoveu a creación dunha versión inspirada no sistema UNIX mediante a reescritura das partes descendentes deste e utilizando as aportaciónscontribucións que eles realizaran —especialmente a súa [[implementacións do TCP|implementación do TCP]], o primeiro compoñente en ser distribuído por separado—, permitindo despois a súa distribución con fin académico e ao cabo dalgún tempo reducindo ao mínimo as restricións referentes á súa copia, distribución e modificación (a [[licenza BSD]]).
 
Algúns sistemas operativos descendentes do sistema desenvolvido por Berkeley son o [[SunOS]], o [[FreeBSD]], o [[NetBSD]], o [[OpenBSD]] e o [[Mac OS X]]. BSD tamén fixo grandes contribucións no campo dos sistemas operativos en xeral como o manexo de [[memoria virtual]] paxinado por demanda, o control de traballos, o [[Fast FileSystem]], o protocolo [[TCP/IP]] e o editor de texto [[vi]].