1804: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Correccións lingüísticas diversas. Establecemento de ligazóns internas.
Elisardojm (conversa | contribucións)
doutro
Liña 18:
=== Francia ===
* A principal preocupación que ten nestes días o ambicioso [[Napoleón Bonaparte]], cónsul da República francesa, é invadir e conquistar [[Gran Bretaña]], para o cal impulsa os máis diversos proxectos no campo da investigación militar. Inexpugnable polo mar a súa poderosa armada, Gran Bretaña é o bastión máis sólido, polo momento, da resistencia europea aos afáns hexemónicos de Bonaparte. Para rematar dunha vez con estes insulares o cónsul intenta crear unha frota aérea de globos aerostáticos que, a pesar do entusiasmo inicial que produce, se disolve no ano [[1802]], e o proxecto da invasión por aire é arquivado.
* O cociñeiro francés Charles Nicolas Appert fai público o seu procedemento para a conservación de alimentos inventado por el mesmo no ano [[1795]], tras diversas experiencias, todas elas dun xeito ou de outrodoutro favorables. Appert publica neste ano o procedemento e, con el, adícase á venda de [[leite]], froita, legumes e extractos vexetais.
* O [[15 de febreiro]] efectúase o descubrimento dunha conspiración contra o primeiro cónsul. Durante as pesquisas, efectúase a detención de varios xenerais e a execución do monárquico Georges Cadoudal.
* O [[21 de marzo]] (10 [[Xerminal (mes)|xerminal]] do ano XII, segundo o [[Calendario republicano francés|calendario francés da Revolución]]) reúnese na cidade de [[París]], tras catro anos, unha comisión de catro xuristas do antigo réxime, en cuxas reunións intervén Napoleón para resolve-los puntos xurídicos de fricción, coroando a obra de dotar a [[Francia]] dunha nova lei civil en forma de código (unha lei articulada por materias, sen que se transluza a procedencia das normas). Este tipo de asembleas xa se viñan reunindo dende o [[5 de outubro]] de [[1790]]. Non hai dúbida de que isto revolucionará a actual técnica xurídica en [[Europa]], onde predomina a representación das leis por medios de recompilacións, como é no momento actual no caso de [[España]]. O [[Código Civil]] (que se coñecería o [[3 de agosto]] de [[1807]] co nome de "Código de Napoleón", pero que quedaría parte invalidado no ano [[1816]]), contén todas aquelas normas de dereito romano compatibles cos froitos da revolución e coa burguesía que apoia o primeiro cónsul. Fixa a igualdade ante a lei, o dereito sagrado á propiedade, a desaparición dos gremios, a separación da Igrexa e o Estado e mais a abolición dos privilexios nobiliarios. Con isto elimínanse as estruturas da sociedade feudal anterior. Establécese o casamento civil obrigatorio, tras o que se fará ou non pola Igrexa. O dereito da familia é menos progresista, pois a muller solteira queda suxeita ao pai e a casada ao home, dos que necesita autorización para obrigarse, e a filiación debe ser lexítima para ser recoñecida na súa plenitude. Nos países que aínda teñen que aborda-la codificación, xa se basee no dereito romano ou xa no xermánico, este código acharase nos propósitos do lexislador.