Diferenzas entre revisións de «Guerra civil rusa»

http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=vantaxe
(http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=parte)
(http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=vantaxe)
 
Só un mes despois da supresión da primeira revolta dos cosacos do Don, empezou unha nova rebelión. O de 6 de maio foi conquistada polo [[Exército branco]] a capital dos cosacos do Don, Novocherkask. Á caída da cidade contribuíu a insatisfacción da poboación, cosaca e non cosaca, cos bolxeviques. As requisas de alimentos para ser enviados á desabastecida Petrograd provocaron conflitos coas autoridades bolxeviques agravados máis aínda polos métodos draconianos das unidades do Exercito Vermello (que seguían a formulación de Trotski de utilizar o [[Terror]] como método de dominar ós rebeldes) e que incluían toma de reféns e fusilamentos.
Outro factor externo colaborou na recuperación dos contrarrevolucionarios: o avance dos soldados alemáns polos territorios próximos obrigou a retirarse ás forzas soviéticas. Deste xeito a nova rebelión cosaca foi indirectamente favorecida polos seus antigos inimigos. As tropas alemás cortaron o ferrocarril na zona do Don, entorpecendo a chegada de novas tropas soviéticas. Ademais, as armas requisadas ó Exército Vermello foron entregadas ós rebeldes. Dese xeito o exercito comandado polo xeral [[Krasnov]] contaba en xuño con 40.000 homes armados. Krasnov aproveitou militarmente esta avantaxevantaxe. En agosto de 1918 o xeral Mamontov comezou un ataque de cabalería contra [Zaryzin].Foi a primeira acción masiva de cabalaria da guerra civil rusa e obrigou ó Exército Vermello a crear as súas propias unidades montadas. A cidade foi cercada polos brancos e batalla o redor dela durou ata outubro e a dura resistencia dos sitiados serviu para que os Verrmellos compararán a cidade con [[Verdún]] O papel de [[Iosif Stalin]] na loita foi glorificado na súa época de xefe de estado. A finais do ano os cosacos do Don conseguiran só pequenos avances fora da súa área orixinaria.
O bloqueo alemán da rexión do Kuban no Rusia do sur, que separou esta rexión e maila República Soviética do Cáucaso Norte da Rusia central, marcou tamén o inicio da revolta dos [[cosacos do Kuban]]. O comandante dos cosacos,[[Denikin]], formou un corpo duns 9.000 voluntarios, máis deles veteranos da primeira guerra mundial e dirixidos por oficiais de carreira. Fronte deles as forzas do goberno estaban constituídas por entre 80.000 e 100.000 soldados sen adestramento militar e dirixidos por un antigo suboficial do exercito tsarista. Esta situación permitiu os Brancos a conquista de [[Ekaterinodar]] o 18 de agosto de 1918.
 
O tratado de paz sen condicións de Brest-Litowsk firmado por Lenín serviu para aliviar a presión dos ataques alemáns e austríacos pero empeorou as relacións cos estados que formaba a [[Entente]] que, xa antes da fin da primeira guerra mundial, comezaron a enviar soldados a territorio ruso para evitar a posible colaboración soviético-alemá.
O primeiro continxente británico, duns 600 homes, desembarcou en xuño de 1918 no porto de [[Múrmansk]], no océano ártico. O porto , afastado do centros neurálxicos de Rusia foi tomado, máis non se seguiron outras operacións. O seguinte paso foi o desembarco en [[Odessa]] dun exército franco-grego de 1.000 homes, apoiado por unidades da mariña francesa. Estas tropas retiráronse perante o avance dos Brancos e o 7 de abril de 1919 xa non quedaban tropas da Entente en Ucraína.
A seguinte operación foi en agosto cando 600 soldados franceses e británicos, reforzados despois por 5.000 máis dos Estados Unidos, entraron en [[Arkhangelsk]], para evitar que os depósitos de armas da cidade caeran en mans alemás ou soviéticas. Algúns políticos americanos apoiaron a intervención por sentirse obrigados a axudar a Lexión checa, que, de feito, se atopaba moi lonxe da zona. As tropas expedicionarias avanzaron uns centos de quilómetros. Despois dun ano de loitas esporádicas con unidades do Exército Vermello non se chegou a ningunha situación de avantaxevantaxe estratéxica clara. As tropas estranxeiras abandonaron a zona en xullo de 1919.
A ocupación estranxeira de máis duración foia de Vladivostok, o porto ruso no Pacífico máis importante. A ocupación iniciarana en abril de 1918 tropas xaponesas e británicas, ás que seguiu un corpo expedicionario de 8.000 soldados estadounidenses. Vladivostok debía servir de punto de apoio para es tropas de Kolchak, que pola súa postura contaría ós alemáns era considerado pola Entente como o lexitimo gobernante de Rusia. As tropas ocupantes permaneceron nesa zona ata e derrota final dos contra-revolucionarios, sendo reforzados por 70.000 soldados xaponeses que non chegaron a entrar en combate. Vladivostok non foi recuperada polos soviéticos ata 1922.
A importancia da intervención aliada na guerra foi moi destacada polos historiadores soviéticos, pero as súas consecuencias militares son discutibles por limitarse a unha zona periférica. É certo que facilitaron a entrega de material os Brancos en Siberia e no sur de Rusia, contribuíndo se cadra a alongar a guerra.
=== Ofensiva e derrota das forzas de Kolchak ===
{{AP|Aleksandr Kolchak}}
Baixo o mando do almirante Kolchak cristalizou unha ditadura militar en Siberia e na zona do [[Ural]] No inverno de 1918/19 estableceuse un goberno firma, favorecido polas preocupacións internacionais do goberno comunista, daquela xa asentado en Moscova. Os bolxeviques agardaban unha extensión internacional do movemento revolucionario, sentimento favorecido pola revolución de novembro de 1918 en Alemaña. Por outro lado Trotski consideraba que a situación dos frontes de guerra era a comezos de 1919 tranquila e con avantaxevantaxe para os comunistas.
Nese clima a ofensiva do Exército Branco do 4 de marzo de 1919 foi inicialmente un golpe duro para o poder soviético. O obxectivo do ataque era Ufa, nó central de comunicacións ferroviarias dos Urais. Foi levado a cabo por dous grupos de exército. O grupo do oeste, dirixido pola xeral Khanzin dirixiuse directamente a Ufa. O exercito siberiano comandado polo xeral checo Gajda estaba 200 km ó norte e debía atacar dende [[Perm]]. Conseguiu avanzar 300 km en territorio vermello, pero nunha área na que non había nin cidades importantes nin puntos de importancia estratéxica para o transporte. O pulo dos Brancos pillou por sorpresa ós dirixentes militares comunistas. O grupo oeste dos brancos conquistou Ufa o 28 de abril de 1919 e cortou o acceso ferroviario os Urais. Os defensores perderon uns 20.000 soldados, pero a situación estratéxica dos vencedores era complexa. Controlaban unha área de 300 km de longo e só 150 de ancho en territorio inimigo na que quedaban moi expostos e co exercito de Gajda moi afastado para axudarlles. O mesmo 28 de abril os Vermellos empezaron o contraataque, recuperaran Ufa e os Brancos perderan todo o territorio gañado.
 
7.964

edicións