Guerra de Bosnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Bosnia}}
[[Ficheiro:Bosnian war header.no.png|miniatura|300px|O edificio do parlamento bosnio en [[Saraxevo]] en chamas despois de sufrir un ataque con fogo de artillaría en maio de 1992; [[Ratko Mladić]] con soldados serbios de Bosnia; un soldado noruegués das Nacións Unidas en Saraxevo. Fotos de [[Mijail Evstafiev]].]]
Coñécese como '''Guerraguerra de Bosnia''' o conflito internacional que se desenvolveu na actual [[Bosnia e Herzegovina]] do [[6 de abril]] de [[1992]] ao [[14 de decembro]] de [[1995]], e que foi causada por unha complexa combinación de factores políticos e relixiosos: exaltación nacionalista, crises políticas, sociais e de seguridade que seguiron ao final da [[guerra fría]] e a caída do [[comunismo]] na antiga [[Iugoslavia]].
 
Ao desintegrarse Iugoslavia en [[1991]], coa independencia de [[Croacia]] e [[Eslovenia]], líderes nacionalistas [[serbobosnio]]s como [[Radovan Karadzić]] e [[Serbia|serbios]] como [[Slobodan Milošević]] marcáronse como obxectivo principal que todos os serbios -diseminados poas distintas [[república]]s que compoñían Iugoslavia- viviran nun mesmo país. En febreiro de 1992, o pobo de [[Bosnia e Herzegovina]] decide en referéndumreferendo a súa independencia da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]], nunha votación boicoteada polos [[serbobosnio]]s.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2006/05/22/internacional/1148265955.html Cronoloxía da desintegración. Diario ''El Mundo'' (España)]</ref> A sección do [[Exército Popular Iugoslavo]] en Bosnia e Herzegovina, fiel ao referéndumreferendo, organizouse no [[Exército da República Bosnia e Herzegovina]] (ARBiH), mentres que os serbios formaron o [[Exército da República Srpska]] (VRS). Nun principio os serbios ocuparon o 70 % do territorio de Bosnia e Herzegovina pero, ao unir as súas forzas o [[Consello Croata de Defensa]] e o [[ARBiH]], a guerra tomou outro rumbo e as forzas serbias foron derrotadas na [[Batalla de Bosnia Occidental]]. A participación da [[OTAN]], durante 1995, contra as posicións do VRS internacionalizou o conflito, pero só nas súas etapas finais. A alianza bosniocroata ocupou un 51 % do territorio de Bosnia e Herzegovina e chegou até as portas de [[Banja Luka]]. Ao veren perigar a súa capital de facto, os líderes serbios firmaron o armisticio e a guerra terminou oficialmente coa sinatura dos [[Acordos de Dayton]], en [[París]], o [[14 de decembro]] de [[1995]].<ref>[https://archive.is/20120525111048/www.state.gov/www/regions/eur/bosnia/bosagree.html Acordos de paz de Dayton]</ref>
 
A guerra durou pouco máis de tres anos e causou cerca de 100.000 vítimas entre civís e militares e 1,8 millóns de desprazados, segundo informes recentes.<ref>[http://web.archive.org/web/20070627040825/http://www.iht.com/articles/ap/2007/06/21/europe/EU-GEN-Bosnia-War-Victims.php ''Herald Tribune''. Estimacións das Comisións]</ref> Das 97.207 vítimas totais documentadas, o 65 % foron bosnios musulmáns e o 25 % serbios. Dentro das vítimas civís, o 83 % correspondeu a bosnios.
Liña 49:
Durante as [[guerras iugoslavas]], os obxectivos dos [[nacionalista]]s de Croacia foron compartidos polos nacionalistas croatas de Bosnia-Herzegovina.<ref name="un.org">[http://www.un.org/icty/blaskic/trialc1/judgement/bla-tj000303e-3.htm TPII: Veredito Blaškić. O val de Lasva: maio de 1992 - xaneiro de 1993]</ref> O goberno da [[República de Croacia]], a Unión Croata Democrática (HDZ), organizaba e controlaba a rama do partido en Bosnia-Herzegovina. A finais de 1991, os elementos máis extremos do partido, baixo a dirección de [[Mate Boban]], [[Dario Kordić]], [[Jadranko Prlić]], [[Ignac Koštroman]] e dirixentes locais como [[Anto Valenta]],<ref>[http://www.un.org/icty/blaskic/#trialc1/judgement/bla-tj000303e-3.htm TPII: Veredito Blaškić. O val de Lasva: maio de 1992 - xaneiro de 1993]</ref> e co apoio de [[Franjo Tudjman]] e [[Gojko Šušak]], tomaran o control efectivo do partido. O [[18 de novembro]] de [[1991]], a rama do partido en Bosnia-Herzegovina, proclamou a existencia da '''[[Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia]]''', como unha separación "política, cultural, económica e territorial" no territorio de Bosnia-Herzegovina.<ref>[http://www.un.org/icty/indictment/english/prl-ii040304e.htm TPII: Cargos contra criminais de guerra croatas]</ref>
 
==== ReferéndumReferendo sobre a independencia de Bosnia e Herzegovina ====
Despois de que Eslovenia e Croacia declararan, en 1991, a súa independencia da [[República Socialista Federal de Iugoslavia]], Bosnia e Herzegovina organizou tamén un [[referéndumreferendo]] sobre a súa independencia. A decisión do Parlamento da República Socialista de Bosnia e Herzegovina da celebración do referéndumreferendo tomouse despois de que a maioría de membros [[Serbia|serbios]] abandonaran a asemblea parlamentaria en sinal de protesta.
 
Estes serbios de Bosnia, membros da asemblea, convidaron á poboación serbia a boicotear o referéndumreferendo, celebrado o 29 de febreiro e o 1 de marzo de 1992. A participación no referéndumreferendo foi do 67 % e o resultado foi do 99,43 % a favor da independencia.<ref>[https://archive.is/20120702230828/www.voanews.com/bosnian/archive/2005-03/2005-03-01-voa2.cfm U Federaciji Bosna i Herzegovina obilježen. Dan nezavisnosti BiH]</ref> A independencia foi declarada polo Parlamento o [[5 de marzo]] de [[1992]]. O referéndumreferendo en si mesmo e o asasinato dun serbio nunha voda o día antes, utilizáronse polos líderes políticos serbios como unha razón para iniciar bloqueos de estradas en sinal de protesta.
 
==== Embargamento de armas ====