Orbital atómico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro interwikis
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 41:
En sentido estrito, os orbitais son construcións [[matemática]]s que tratan de describir, de forma coherente coa mecánica cuántica, os estados estacionarios dun electrón nun [[campo eléctrico]] central. Pero dado que o núcleo non está descrito de forma explícita, nin sequera describen de forma completa ao átomo de hidróxeno. Estas construcións matemáticas non están preparadas, pola súa orixe monoelectrónica, para ter en conta nin a correlación entre electróns nin a antisimetría esixida pola estatística de [[Fermi]] (os electróns son [[fermión]]s).
 
Sen embargoPorén, saíndose do seu sentido estrito, demostraron ser de enorme utilidade para os [[Química|químicos]], de forma que se utilizan non só para sistemas polielectrónicos, senón tamén para sistemas polinucleares, como as moléculas. Tamén máis alá do seu sentido estrito, os químicos refírense a eles como entes físicos máis que como construcións matemáticas, con expresións como "nun orbital caben dous electróns".
 
==Formas dos orbitais==