Diferenzas entre revisións de «Abén Humeya»

sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada); cambios estética)
Sem resumo de edição
Cando, tras o edicto de [[Filipe II de España|Filipe II]] en [[1568]] prohibindo a lingua árabe e os costumes musulmáns, estalou a insurrección dos [[mourisco]]s nas [[Alpujarras]], Fernando uniuse á [[Sublevación das Alpujarras|sublevación]], abxurando das crenzas cristiás e tomando o nome de Muhammad ibn Umayya (que pasou a pronunciarse como '''Abén Humeya'''). Mercé á influencia do seu tío, converteuse no principal dirixente da insurrección e foi proclamado rei. Os rebeldes combateron contra as tropas reais mandadas sucesivamente polo [[marqués de Mondéjar]], o marqués dos Vélez e don [[Xoán de Austria]]. A pesar de que inicialmente a iniciativa militar correspondeu aos mouriscos, non conseguiron tomar [[Berja]]. Pronto xurdiron disensións entre os propios mouriscos. Segundo uns historiadores, a arbitrariedade e tiranía que mostra Abén Humeya, xunto co seu carácter despótico e receloso, fanlle perder o apoio dos rebeldes, sendo asasinado no seu palacio de [[Laujar de Andarax]] en outubro de 1569, aínda que outros din que foi asasinado por mouriscos axentes dos casteláns. En calquera caso, é sucedido polo seu primo [[Abén Aboo]]. A revolta sería sufocada en [[1571]].
 
== AbenOs Humeya e os [[Xogos Mouriscos]] ==
Un dos episodios máis interesantes protagonizado por Abén Humeya foi o dos [http://www.juegosmoriscos.org [Xogos Mouriscos]] que, segundo o cronista Ginés Pérez de Fita, convocou en [[Purchena]] en setembro de 1569, pouco antes de morrer asasinado. Conta Pérez de Fita na ''2ª Parte das Guerras Civís de Granada'' que, tras o errado cerco da Cidade de [[Vera, Almería|Vera]], Abén Humeya retirouse a Purchena onde convocou estes Xogos Mouriscos que incluían probas deportivas, algunhas delas de ascendencia olímpica como a loita, o levantamento de pedra, sostemento de ladrillo, lanzamento con fonda, carreiras de velocidade e media legua, concursos de danza e canto... todo iso para ter adestrada á tropa e para recuperar as súas tradicións, vestimentas, nomes... Este feito histórico-deportivo orixinal e único, desde 1993, é recordado anualmente no municipio de [[Purchena]] ([[Almería]]) cada primeiro fin de semana de agosto. Deste evento de clara ascendencia olímpica, [[Juan Antonio Samaranch]], presidente do [[Comité Olímpico Internacional]] ata 2001, dixo:
''Os [[Xogos Mouriscos de Aben Humeya]] supón refacer o elo perdido da cadea entre a Antigüidade e o mundo moderno.''
 
== BibliografíaVéxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita enciclopedia |artigo= |enciclopedia=[[Diciopedia do século 21]] |volume=1 |páxina= |ano=2006 |editorial= [[Edicións do Cumio|Do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Edicións do Castro|do Castro]]}}
* ACOSTA MONTORO, José: Aben Humeya. Rei dos moriscos. Instituto de Estudos Almerienses e Concello de Purchena: Almería, 1998. ISBN 84-8108-161-2
 
210.527

edicións