Rabat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 32:
 
== Historia ==
Está documentado o poboamento do sitio que hoxe ocupa Rabat desde a Antigüidade. Propiamente falando a cidade foi fundada en [[1150]] polo [[sultán]] [[almohade]] [[Abd al-Mumin]], que fixo edificar unha cidadela-forte (a futura Kasbah dos Udaïa), unha mesquita e unha residencia. É nesa altura que se a denomina un ''ribat'', e dicir, unha fortaleza. O nome actual ven de Ribat Al Fath, « o campo da vitoria ». Foi o neto de al-Mūmin, Ya'qub al-Mansūr, quen engrandeceu e completou a cidade, especialmente dotándoa de murallas. Polo demais, a cidade era a base das expedicións almohades en [[Al-Andalus]].
 
Entrou nun período de decadencia despois de [[1253]], cando os [[Benimerín]] escolleron [[Fez]] como capital. En [[1609]], logo do decreto de expulsión dos mouriscos emitido por [[Filipe III rei de España|Filipe III]], milleiros de musulmáns atoparon refuxio nesta cidade.