Diferenzas entre revisións de «Historia do Exipto otomán»

m (→‎A ocupación francesa: Arranxos varios)
Estes dous iniciaron un masacre de beys e demais opositores e procederon a gobernar Exipto alternando os dous postos cada ano. Un dos paxás tentou eliminalos mediante un golpe de estado, pero os seus seguidores liberáronnos e obrigaron ao paxá a fuxir. Outro paxá posterior logrou matar a varios beys, pero tivo tamén que fuxir. Ibraihim foi asasinado por un bey en [[1755]] e o seu posto ocupouno Ali Bey; Rilway tamén foi asasinado pouco despois.
 
Ali Bey dispúxose a vingar a morte do seu mestre. Durante oito anos procurou apoios entre os mamelucos e outros, provocando as sospeitas do Sheik al-Balad, Khalil Bey, quen o atacou forzándoo a fuxir para o [[Alto Exipto]]. Ali Bey volveu e en [[1750]] derrocou a Khalil Bey, pero os seus actos de vinganza provocaron unha reacción e tivo que fuxir, aínda que voltasevolvese máis tarde e ocupase o posto de Sheik al-Balad co beneplácito da Porta. Ali Bey aspiraba a constituír unha monarquía independente e a oportunidade presentóuselle cando desde Constantinopla se lle pediu que enviase un exército para participar na guerra contra [[Rusia]]; como temesen que realmente o estivese recrutando para si propio, enviaron ordes de asasinalo pero Ali Bey interceptounas e proclamouse independente.
 
Ali Bey consolidou os seus dominios reprimindo as tribos nómades, reformando as finanzas e mellorando a administración da xustiza. Enviou exércitos á Península Arábica e nomeou un curmán como Alguacil da [[Meca]], quen proclamou a Ali Sultán do Exipto e Khan dos Dous Mares. Ali Bey acuñou moedas e ordenou que o seu nome se incluíse nas oracións públicas.
177.892

edicións