Abrir o menú principal

Cambios

Cerdedo-Cotobade
De feito, moitos santuarios marianos actuais atópanse preto de fontes ou olleiros de auga, incluso a carón de xacementos arqueolóxicos. Por exemplo, no santuario da Virxe da [[A Franqueira, A Cañiza|Franqueira]], hai, chegando ao templo, unha fonte chamada "da Virxe" e, no [[monte de Paradanta]], xusto enriba da parroquia, un [[dolmen]], no que a lenda di que apareceu a imaxe, que ten un gravado en espiral ao que lle chaman a "coroa da Virxe".
 
Outro exemplo pode ser o da virxe de [[Aguasantas, Cerdedo-Cotobade|Aguasantas]], no que segundo a lenda: ''Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza''<ref>Ver artigo [[Aguasantas, Cotobade]]</ref>. Ou tamén a [[Santuario da Virxe dos Milagres]] de [[Amil, Moraña]], á que lle cantan: ''Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella.''<ref>Ver artigo [[Amil, Moraña]]</ref>
 
No mesmo senso de unión entre auga, fertilidade e advocación feminina, aínda que situado no litoral, está a [[Nosa Señora da Lanzada]], en [[Noalla, Sanxenxo|Noalla]], [[Sanxenxo]]. Nesta caso, ademais, está ligada aos cultos propios do solsticio de verán, cristianizados como festa da [[noite de San Xoán]].
28.649

edicións