Estercobilina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
== Metabolismo ==
A estercobilina orixínase da degradación do grupo [[hemo]] da proteína [[hemoglobina]] dos [[eritrocito]]s.<ref name="multiple 1"/> Os [[macrófago]]s [[fagocitose|fagocitan]] os restos dos eritrocitos [[senescencia|senescentes]] e degradan o grupo hemo primeiro a [[biliverdina]], a cal rapidamente se reduce para formar [[bilirrubina]] libre.<ref name="multiple"/> A bilirrubina únese moi estreitamente a proteínas do [[plasma sanguíneo|plasma]] (especialmente á [[seroalbumina humana|albumina]]) no torrente sanguíneo e é transportada ao fígado, onde é conxugada cun ou dous residuos de [[ácido glicurónico]], dando lugar a [[bilirrubina diglicurónido]], que se segrega ao [[intestino delgado]] coa [[bile]].<ref name="multiple 2">Seyfried H, Klicpera M, Leithner C, Penner E (1976). "Bilirubin metabolism". Wien Klin Wochenschr. 88:477-82. PMID 793184</ref> No intestino delgado, parte do bilirrubina diglicurónido convértese de novo en bilirrubina pola acción de encimas [[bacteria]]nos na parte final do [[íleo]].<ref name="multiple"/> Esta bilirrubina convértese despois en [[urobilinóxeno]] incoloro.<ref name="multiple"/> Todo o urobilinóxeno que permanece no [[colon]] convértese en [[estercobilinóxeno]] e finalmente é oxidado a estercobilina.<ref name="multiple"/> Despois, a estercobilina excrétase nas [[feces]], dándolles a súa cor castaña.<ref name="multiple 2"/>
 
===Ictericia obstrutuva===