Clemente IV, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxos
→‎Papado: lig int
Liña 13:
En efecto, seguindo a política dos seus predecesores ao obxecto de frear a [[Manfredo de Sicilia|Manfredo]], fillo ilexítimo do falecido [[emperador]] [[Federico II Hohenstaufen|Federico II]], mantivo o ofrecemento da coroa de [[Sicilia]] a Carlos de Anjou, irmán do rei francés Luís IX.
 
Clemente IV comezou entón a predicación dunha ''Cruzada siciliana'' que culminou coa organización dun exército que derrotou e deu morte a Manfredo na [[Batalla de Benevento (1266)|batalla de Benevento]]. Só quedaba un membro da dinastía, [[Conradino de Hohenstaufen|Conradino de Suabia]], sobriño de Manfredo e fillo de [[Conrado IV]] quen tentando recuperar a coroa de Sicilia enfrontouse en [[1268]] a Carlos de Anjou na [[Batalla de Tagliacozzo]] sendo feito prisioneiro e executado en [[Nápoles]].
 
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a este papa como ''Draco depresus'' (''O dragón perdido ou vencido''), cita que fai referencia ao feito de que no seu escudo de armas aparece unha aguia aprisionando entre as súas garras un dragón.
 
Á súa morte, os graves enfrontamentos no seo do [[colexio cardinalicio]], deixaron sumida á Igrexa nun período de interregno de case tres anos. Finalmente, foi elixido sucesor seu [[Gregorio X, papa|Gregorio X]].
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Clemens IV}}