Carlos de Anjou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 246:
En [[1270]] partiu nuna nova [[cruzada]] (a oitava) xunto a Luís IX de Francia a [[Tunes]]. O rei Luís morreu de [[peste]] antes de que chegara Carlos, que negociou co emir tunesino a retirada. En [[1271]], como dominador de Durazzo, foi recoñecido como rei de Albania polos señores locais tras a morte de [[Miguel II Comneno Ducas|Miguel II]]. Miguel, sen embargo, repartira os ses dominios entre os seus dous fillos, [[Nicéforo I Comneno Ducas|Andrónico Nicéforo]] ([[Despotado de Epiro]]) e [[Xoán I Ducas|Xoán]] (norte de [[Tesalia]]), así que Carlos non foi realmente rei até a renuncia ([[1273]]) de Nicéforo.
 
Por eses tempos, os xibelinos recuperaron posicións en Italia: [[Xénova]], [[Montferrato]], [[Pavía]], [[Novara]], [[Verona]] e [[Mantua]]. O gobernador (''senescal'') de [[Lombardía]], designado por Carlos, foi derrotado en [[1275]] e os anxevinos evacuaron o [[Piemonte]], a Lombardia e, finalmente, [[Milán]], en [[1277]]. O novo papa [[Nicolao III, papa|Nicolao III]], pertencente á casa de [[Orsini]], rival tradicional da [[casa de Anjou]], non axudou a mellorar a situación, senón que fixo perder a Carlos [[Boloña]] e outras cidades (até [[1280]] non chegou ao papado [[Martiño IV, papa|Martiño IV]], que era francés).
 
En [[1277]] comprou os dereitos ao título de [[Reino de Xerusalén|rei de Xerusalén]] a [[María de Antioquía (pretendente)|María de Antioquía]] e mandou a [[Roger de San Severino]] para tomar posesión do Reino, obtendo a conquista de [[Acre, Israel|Acre]] a [[Hugo III de Chipre]]. En [[1280]], o papa Martiño IV, era favorábel para que Carlos conquistara [[Constantinopla]], da que Carlos reclamaba o trono como emperador latino fronte ao emperador [[Bizancio|bizantino]] [[Miguel VIII Paleólogo]]. Carlos declarou unha cruzada contra [[Bizancio]] alegando incumprimento da unión das Igrexas gragagrega e latina (Miguel prometera someter a igrexaIgrexa oriental ao papa).
 
Carlos empezou a reunir un exército en [[Berat]] ([[Albania]]) o mes de agosto, disposto a conquistar Constantinopla. Mentres, o rei [[Pedro III de Aragón]] e os bizantinos repartían fondos para conseguir o apoio dos sicilianos contra Carlos. En [[1281]], o exército de Carlos, no que figuraban tropas [[papa|papais]], de [[Serbia]], [[Bulgaria]], [[Acaia (provincia romana)|Acaia]], [[Tesalia]], [[Epiro]], [[Atenas]] e [[Venecia]], foi derrotado polos bizantinos, aliados de [[Hungría]], [[EgixtoExipto]], ao [[Khanato da Horda de Ouro]] e o [[Reino de Aragón|Aragón]].
 
=== Perda de Sicilia ===