George Benson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 24:
Benson comezou a súa carreira artística como [[cantante]], actuando en clubs nocturnos aos oito anos e gravando catro caras para o selo X de RCA en 1954. Formou tamén unha banda de [[Música rock|rock]] aos 17 na que xa tocaba a [[guitarra]]. Ao escoitar gravacións de Christian, Montgomery e [[Charlie Parker]] comezou a interesarse no [[jazz]] e, cara o 1962, empezou a tocar na banda de [[Brother Jack McDuff]]. Tras formar o seu grupo en 1965, Benson gravou dous discos de soul jazz e [[hard bop]] para [[Columbia Records|Columbia]] e colaborou noutros discos con artistas como [[Miles Davis]], en ''Miles in the Sky''. Asinou coa Verve Records en 1967 e, trala morte de Montgomery, o produtor Crede Taylor fíxolle gravar con grandes conxuntos en A&M (1968-1969) e CTI (1971-1976).
 
Estes discos convertérono nunha estrela dentro do mundo do jazz, empezando a adquirir popularidade tras prodigarse máis no [[voz (música)|vocal]] e asinar coa [[Warner Bros.]] en 1976. O seu primeiro disco para esta compañía, ''Breezin''', converteuse nun éxito grazas ao seu só vocal na canción "This Masquerade" o que lle levou a frecuentar a fusión co [[pop]], cuxa culminación foi o disco producido por Quincy Jones, ''Give Me the Night'' (1980). Durante os anos oitenta frecuentou material comercial deixando a súa [[guitarra]] unicamente como acompañamento. A finais dos oitenta, volveu ao jazz gravando o disco ''Tenderly'', e outro coa banda de Basie, nos que a súa [[guitarra]] volveu ter protagonismo. A seu oscilación entre o [[jazz]] e o pop foi frecuente desde entón.
 
{{Control de autoridades}}