Enerxía nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 67:
Xa na década de 1940, o almirante [[Hyman Rickover]] propuxo a construción de reactores de fisión non encamiñados esta vez á fabricación de material para [[Bomba atómica|bombas]], senón que á xeración de [[electricidade]]. Pensouse, acertadamente, que estes reactores poderían constituír un gran substituto do [[gasóleo|diésel]] nos submarinos. Construiose o primeiro reactor de proba en [[1953]], botando o primeiro submarino nuclear (o [[USS Nautilus (SSN-571)|USS Nautilus]] (SSN-571)) o 17 de xaneiro de [[1955]] ás 11:00. O Departamento de Defensa estadounidense propuxo o deseño e construción dun reactor nuclear utilizable para a xeración eléctrica e propulsión nos submarinos a dúas empresas distintas norteamericanas: [[General Electric]] e [[Westinghouse Electric|Westinghouse]]. Estas empresas desenvolveron os reactores de auga lixeira tipo [[Reactor de auga en ebullición|BWR]] e [[reactor de auga a presión|PWR]] respectivamente.
 
Estes reactores utilizáronse para a [[propulsión nuclear|propulsión]] de buques, tanto de uso militar (submarinos, cruceiros, portaavións,...) como civil (rompexeos e [[NS Savannah|cargueiros]]), onde presentan potencia, redución do tamaño dos motores, redución no almacenamento de combustible e autonomía, non mellorados por ningunha outra técnica existente.
 
Os mesmos deseños de reactores de fisión trasladáronse a deseños comerciais para a xeración de electricidade. Os únicos cambios producidos no deseño co transcurso do tempo foron un aumento das medidas de seguridade, unha maior eficiencia termodinámica, un aumento de potencia e o uso das novas tecnoloxías que foron aparecendo.
Liña 77:
En [[1946]] construiose o primeiro [[reactor rápido|reactor de neutróns rápidos]] (''Clementine'') nos Álamos, con plutonio como combustible e [[mercurio (elemento)|mercurio]] como refrigerante. En [[1951]] construiose o [[EBR-I]], o primeiro reactor rápido co que se conseguiu xerar electricidade. En [[1996]], o [[Superfénix]] ou SPX, foi o reactor rápido de maior potencia construído ata o momento (1200 MWe). Neste tipo de reactores pódense utilizar como combustible os radioisótopos do plutonio, o [[torio]] e o uranio que non son fisibles con [[neutrón térmico|neutróns térmicos]] (lentos).
 
Na década dos 50 [[Ernest Lawrence]] propuxo a posibilidade de utilizar reactores nucleares con xeometrías inferiores á criticidade ([[Reactor subcrítico|reactores subcríticos]] cuxo combustible podería ser o torio), nos que a reacción sería soportada por ununha aporteachega externoexterna de neutróns. En [[1993]] [[Carlo Rubbia]] propón utilizar unha instalación de [[espalación]] na que un [[acelerador de partículas|acelerador]] de [[protón]]s producise os neutróns necesarios para manter a instalación. A este tipo de sistemas coñéceselles como ''Sistemas asistidos por aceleradores'' (en inglés ''Accelerator driven systems'', [[Fisión asistida|ADS]] as súas siglas en inglés), e prevese que a primeira planta deste tipo ([[MYRRHA]]) comece o seu funcionamento entre o [[2016]] e o [[2018]] no centro de Mol ([[Bélxica]]).<ref>[http://www.sckcen.be/myrrha/home.php Web del proyecto Myrrha]</ref>
 
'''Vantaxes'''