Diferenzas entre revisións de «Florín florentino»

m (Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB)
A mediados do [[século XIII]] a [[República de Florencia]] era unha potencia mercantil e económica no Mediterráneo. Para consolidar o seu poder comercial comezou a cuñar unha moeda de alto valor que puidera substituír ás pezas de ouro que foran a referencia internacional até o [[século XII]]: o [[Imperio bizantino|soldo bizantino]] e o [[dinar]] [[islam|islámico]].
 
O florín de Florencia foi unha moeda de ouro cuxa tipoloxía foi sempre moi homoxénea, mesmo nas imitacións posteriores que dela se fixeron (debido ao seu éxito) en toda Europa, notabelmente na [[Coroa de Aragón]], onde [[Pedro IV de Aragón]], o Cerimonioso, comezou a cuñar o [[florín aragonés]]. Esta foi, no anverso, a [[flor de lis]], emblema de [[Florencia]], coa lenda FLORENTIA e, no reverso, o patrón desta república italiana, San Xoán Bautista, en actitude de bendicir, con nimbo, e un báculo apoiado no ombro esquerdo e superado con cruz, coa inscrición S.(anctus) JOHANNES B.(aptista).
 
O prestixio do florín florentino debeuse en gran medida á constancia do seu peso e á pureza da súa lei. Tratábase dunha moeda moi valorada polo seu peso de 3,5 gramos de ouro de case 24 quilates,<ref>O ouro puro é o de 14 quilates.</ref> a máis alta lei das moedas desta época.
251.230

edicións