Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 31:
'''Afonso X''', nado en [[Toledo]] o [[23 de novembro]] de [[1221]]<ref name=":0">{{Cita web|url=http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/27996#http://academia.gal/dicionario_rag/miniSearch.do?|páxina-web=Real Academia Galega|título=Afonso X o Sabio|data-acceso=30 de abril do 2016}}</ref> e finado en [[Sevilla]] o [[4 de abril]] de [[1284]], foi rei de [[Reino de Castela|Castela]] e [[Reino de León|León]].<ref>A titulación completa era: Rei de Castela, de Toledo, de León, de Galicia, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén e do Algarve (desde 1260).</ref>
 
Á morte de seu pai, [[Fernando III de Castela|Fernando III o Santo]], reanudou a ofensiva contra os [[musulmán]]s, e ocupou [[Xerez da Fronteira|Xerez]] (1253), arrasou [[Salé]], o porto de [[Rabat]] (1260) e conquistou [[Cádiz]] (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos [[mudéxar]]es de [[Murcia]] e do [[Guadalquivir|valeval do Guadalquivir]].
 
Como fillo de [[Beatriz de Suabia]], da [[casa de Hohenstaufen]], aspirou á coroa do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.