Grou, Lobios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Grou na literatura popular
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
== Grou na literatura popular ==
* ''Aquela que elí vendes/ ten un baille que dá risa;/ évos do lugar das Quintas/ e ándavos sen camisa'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 44. Hai dous lugares chamados As Quintas ós que pode referirise esta cantiga: un pertence á parroquia de San Vicente de Lobeira (Lobeira) e outro a [[Grou, Lobios|San Mamede de Grou]], en Lobios.</ref>.
* ''Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 85). ''Botar a vaia'' é botar un desafío. As Quintas será o lugar da parroquia e concello de Lobeira, aínda que hai máis; [[Parada, Lobeira|Santa Eufemia de Parada]] é unha parroquia do mesmo concello; Requeixo pode ser lugar de [[Grou, Lobios|San Mamede de Grou]] ou de [[Araúxo, Lobios|Araúxo]], dúas parroquias do concello de Lobios.</ref>.
* ''Hai unha mociña en Grou/ con tanto garbo e salero/ que cando vai paseando/ casque parez un torero'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 87). No se pode saber a que Grou se refire: en Lobeira hai dúas parroquias con ese nome (San Martiño de Grou e Santa Cruz de Grou) e outras dúas en Lobios (San Martiño de Grou e San Mamede de Grou. </ref>.
* ''No lugarciño das Quintas/ amores hei de tomar,/ á entrada ou á saída/ ou no medio do lugar'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 109. Hai dous lugares chamados As Quintas ós que pode referirise esta cantiga: un pertence á parroquia de San Vicente de Lobeira (Lobeira) e outro a [[Grou, Lobios|San Mamede de Grou]] (Lobios).</ref>.
* ''Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 141. [[Santa Comba, Bande|San Trocado de Santa Comba]] é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de [[Lobeira, Lobeira|San Vicente de Lobeira]]; [[Rubiás, Cadós, Bande|Rubiás]] é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é [[Grou, Lobios|San Mamede de Grou]], parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.</ref>.
* ''Se che perguntan de onde es/ contéstalle en alta voz:/ Somos os mozos de Grou,/ solo temos medo a Dios'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 142. Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.</ref>.
* ''Viva Bande, viva Bande,/ viva tamén Recarei,/ viva o lugar de Silvares/ que foi onde me eu criei'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 162. Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; Silvares é lugar de [[Grou, Lobios|San Mamede de Grou]], Lobios. </ref>.