Ponte de Alcántara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Ligazóns engadidas
m falta ortográfica
Liña 25:
Durante as guerras, pola situación fronteiriza, algúns dos seus arcos era destruído e, despois, eran reconstruídos. A primeira vez, en 1213, foi parcialmente destruído polos musulmáns para evitar que Afonso IX, rei de León e Galicia, recuperara a vila de Alcántara; eliminaron 60 pedras do arco máis pequeno<ref>{{Cita libro|título=Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de ultramar|apelidos=Madoz|nome=Pascual|editorial=|ano=1843|ISBN=|edición=2ª|volume=Tomo I|páxinas=408|ref=}}</ref>. En 1475, nas loitas de Castela e [[Portugal]], cando se pensaba na súa destrución para evitar que Afonso V o cruzase, salvouno a gallardía do que mandou unha mensaxe ao seu inimigo o duque de Villahermosa indicando que daría un rodeo, pois «non quería o reino de [[Reino de Castela|Castela]] con aquel edificio menos».
 
Máis tarde foi recomposto por [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]] en 1543, desfigurando o perfil do arco central e coroándoo de almenasameas e refacendo o primeiro arco de poñente que fora destruído en 1213 cando cercou a vila [[Afonso IX|Alfonso IX]] para arrebatarlla aos árabes. Para deixar memoria da restauración labrouse o escudo imperial que coroa o arco do triunfo e escribiuse: {{cita|''Carlos V Emperador, Cesar Augusto Rei das Españas, mandou reparar esta ponte que deteriorada polas guerras e a súa antigüidade ameazaba ruína, o ano do señor 1543, no 24 do seu imperio e 26 do seu reinado.''}}
 
En 1707 durante a [[Guerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión]] destrúese o arco de entrada de poñente e non será até 1778 cando&nbsp;[[Carlos III de España|Carlos III]]&nbsp;ordene a súa &nbsp;restauración. O segundo arco da ponte foi destruído en 1809 durante a [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]] contra as tropas napoleónicas e até 1818 non se substitúe este arco por unha estrutura de madeira para o paso de carruaxes pero, de novo,será incendiado en 1836 polas [[Guerras Carlistas|tropas isabelinas]] para impedir o paso dos [[Guerras Carlistas|carlistas]], que mandados por Miguel Gómez Damas, invadiran a provincia.