Sacro Imperio Romano Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 190:
Na ''Confoederatio cum princibus ecclesiasticis'' de [[1220]], Federico cedeu unha serie das ''regalías'' a favor dos bispos, entre elas impostos, cuñaxe, xurisdicións, fortificacións, e máis tarde, en [[1232]] o ''Statutem in favorem principum'', que foi fundamentalmente unha extensión deses privilexios ao resto dos territorios (os non eclesiásticos). Esta última cesión fíxoa para acabar ca rebelión do seu fillo Henrique, e a pesar de que moitos destes privilexios xa existiran con anterioridade, agora atopábanse cunha garantía global, para todos os duques alemáns, ao permitirlles garantir a orden ao norte dos Alpes, mentres que Federico se limitaba ás súas bases en Italia. O documento de 1232 sinalou o momento en que por primeira vez os duques alemáns foron designados ''domini terrae'', señores das súas terras, un cambio terminolóxico moi significativo.
 
=== O rexurdimento dos territorios no Imperio tralostras Staufenos Hohestaufen ===
Trala morte de Federico II en [[1250]], comezou un período de incerteza, xa que ningunha das dinastías susceptíbeis de proporcionar un candidato á coroa se mostrou capaz de facelo, e os principais duques electores ascenderon á coroa a diversos candidatos que competían entre si. Este período coñécese habitualmente como ''[[Interregnum]]'', e comezou en [[1246]] coa elección de [[Henrique Raspe]] polo partido anxevino e a elección do [[Guillerme II de Holanda]] polo partido xibelino; despois de morrer este último en [[1256]], unha embaixada de [[Pisa]] ofreceu a coroa de rei de Romanos a [[Afonso X de Castela e León|Afonso X "o Sabio"]], quen por ser fillo de [[Beatriz de Suabia]] pertencía á familia Staufen[[Hohenstaufen]]. No entanto, a súa candidatura enfrontouse á de [[Ricardo de Cornualles]] e non prosperou. O Interregnum rematou en [[1273]], cando coroaron a [[Rodolfo I de Habsburgo]].
 
A derrota do Imperio (plasmada na batalla de Legnano) quedara plenamente de manifiesto xa no reinado de Federico II e ratificárase co fin dos Staufen, as graves dificultades do interregno en Alemaña, e a dación en feudo do Reino de Sicilia a [[Carlos I de Anjou]], facendo realidade a plena potestade pontificia.
Liña 202:
No seu lugar, os reis, comezando por [[Rodolfo I de Habsburgo]], confiaron nos seus territorios ou Estados patrimoniais como base para o seu poder. A diferencia dos ''Reichsgüter'', que na súa maior parte estaban repartidos e eran dificilmente administrábeis, os seus territorios estaban comparativamente compactos e, polo tanto, eran máis fáciles de controlar. Deste modo, en [[1282]] Rodolfo I puxo a disposición doa seus fillos [[Austria]] e [[Estiria]].
 
Con [[Henrique VII do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VII]], a [[casa de Luxemburgo]] entrou en escena, e en 1312 foi coroado como o primeiro emperador do Sacro Imperio dende Federico II. Despois de el, todos os reis e emperadores sostivéronse grazas aos seus propios Estados patrimoniais (''Hausmacht''): [[Luis IV de Wittelsbach]] (rei en 1314, emperador 1328–1347) nos seus territorios de Baviera; [[Carlos IV de Luxemburgo]], neto de Henrique VII, inaugurou o seu poder nos Estados patrimoniais de Bohemia. A raíz desta situación, aumentar o poder dos Estados e territorios do Imperio converteuse nun dos principais intereses da coroa, xa que con elo dispoñía de maior liberdade nos seus propios Estados patrimoniais.
 
No século XIII tamén se produciu un cambio moito máis profundo tanto de carácter estrutural coma na forma en que se administraba o país. No campo, a economía monetaria gañou terreo fronte ao troco e o pago en xornadas de traballo. Cada vez, pedíaselle máis aos campesiños o pago de tributos polas súas terras; e o concepto de "propiedade" substituíu ás anteriores formas de xurisdición, aínda que seguiron moi vinculadas entre si. Nos distintos territorios do Imperio, o poder concentrouse en poucas mans: os detentores dos títulos de propiedade tamén o eran da xurisdición, da que derivaban outros poderes. Porén a xurisdición non implicaba poder lexislativo, que até o século XX foi virtualmente inexistente. As prácticas lexislativas asentábanse fundamentalmente en usos e costumes tradicionais.